Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 11 octubre 2024.

O persoal sanitario protestou á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo

    A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa para que o Goberno do Estado revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito

    06/11/2019.
    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela

    O persoal sanitario galego protestou hoxe á porta dos hospitais para esixir o aumento de nivel profesional e retributivo. A Federación de Sanidade de CCOO iniciou hai meses unha campaña reivindicativa de alcance estatal para que o Goberno central revise o sistema de cualificacións e clasificación profesional no ámbito.

    O sindicato critica a anomalía de que o Estatuto básico do empregado público (EBEP) leve once anos cunha disposición transitoria que trata a cualificación e clasificación profesional pero que, polo de agora, continúa sen desenvolver. A Federación estatal de Sanidade de CCOO elaborou e presentou unha proposta integral de cualificación e clasificación profesional para corrixir todas as eivas detectadas, que puxo en coñecemento do Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) e do Ministerio de Sanidade.

    Para CCOO, acometer estas mudanzas sería o mesmo que o Goberno «recoñeza o traballo que fai o persoal sanitario» e implicaría, xa que logo, un aumento do seu nivel profesional e das súas retribucións. Desde o sindicato piden que os cambios entren en vigor mediante un III Acordo da Función Pública, que se aplicaría ao longo de catro anos, isto é, unha lexislatura. «Sería factible e necesario», conclúe a organización.

    Principais aspectos da proposta de CCOO

    Desenvolver a disposición transitoria terceira do EBEP.

    Aplicación directa do artigo 76 do EBEP («grupos de clasificación profesional do persoal funcionario de carreira»), coa división do grupo A en tres subgrupos (en relación cos créditos ECTS).

    Incluír no EBEP a validez dos certificados de profesionalidade para a adscrición a un grupo profesional.

    Unificación progresiva do grupo auxiliar administrativo en grupo administrativo, e aplicación do artigo 34 do Estatuto marco sobre promoción interna.

    Asignación de nivel de cualificación a todas as categorías profesionais.

    Creación ou reforma de novas titulacións de Formación Profesional sanitaria.

    Desenvolvemento pleno das competencias de enfermaría, que a sitúe nun maior nivel de cualificación.

    Cambiar a especialidade de enfermaría médico-cirúrxica por dúas especialidades: enfermaría crítica e de urxencias e enfermaría de coidados paliativos e infecciosos.

    Resolver urxentemente a avaliación da proba excepcional de enfermaría familiar e comunitaria.

    Desenvolver as áreas de capacitación específica para o persoal facultativo.

    Urxencias e emerxencias debe ser unha especialidade médica.

    Definir as retribucións de profesionais que participen en procesos de formación dunha área de capacitación específica e especialidades de enfermaría.

    Establecer un desenvolvemento de competencias de fisioterapeutas a través das seguintes áreas de capacitación específica: cardiorrespiratoria, neurolóxica, aparello locomotor, comunitaria.

    Resolver de forma inmediata o baleiro deixado pola anulación do real decreto sobre troncalidade.

    Incluír os traballadores e traballadoras sociais como categoría sanitaria e, por tanto, incluída na Lei de ordenación de profesións sanitarias.

    FACEBOOK

    TWITTER