CCOO presenta o primeiro congreso virtual no Sistema Nacional de Saúde para Auxiliares de Enfermaría

    Trátase dun proxecto innovador que, tal e como explicou hoxe en rolda de prensa o secretario xeral da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO), Antonio Cabrera, nace coa intención de estenderse a todos os colectivos profesionais sanitarios. Un espazo de colaboración profesional con todas as vantaxes das novas tecnoloxías, que terá lugar do 10 ao 21 de xuño de 2013

    21/11/2012.
    Rueda de prensa

    Rueda de prensa

    'Atención Integral do Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría(TCAE) ao Paciente: Coidando Vidas' son o título co que se presenta este congreso caracterizado por unha novidosa fórmula virtual, "dando resposta, ao mesmo tempo, á petición de modernización que nos fai a sociedade aos sindicatos", tal e como resaltou o secretario confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo.

    A partir do 20 de novembro de 2012, ábrese o prazo de inscrición para formar parte deste encontro profesional que permitirá, grazas ao seu compoñente virtual, "ampliar as posibilidades de participación e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar". Así o explicou Toxo, ao mesmo tempo que resaltou o esforzo do sindicato na súa aposta polo desenvolvemento profesional e formativo.

    Pola súa banda, o secretario xeral da FSS-CCOO, Antonio Cabrera, prevé unha ampla participación neste congreso: "O Noso obxectivo é alcanzar os 5.000 participantes e cremos mesmo que imos superar con creces esta cifra". Resaltou, así mesmo, a colaboración de profesionais de gran prestixio, que enriquecerán este espazo de encontro.

    Neste sentido expresouse tamén o director de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade, Javier Castrodeza: "Este espazo servirá para avanzar no campo do coñecemento deste colectivo sanitario".

    Un congreso que responderá ás necesidades reais dos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría, xa que se está a configurar cos temas propostos polos propios profesionais, aos que se lles pediu opinión a través de enquisas nas que participaron masivamente.

    Así mesmo, dando resposta ás necesidades de contención económica, ademais da redución de custos que implica o compoñente virtual do congreso, a FSS-CCOO, na súa aposta pola formación, fai un prezo especial aos seus afiliados e afiliadas cunha antigüidade mínima de seis meses, de 45 euros.

    Por último, a FSS-CCOO destaca que todas as mesas, relatorios e talleres prácticos do congreso están certificados polo Sistema Nacional de Formación Continua.

    FACEBOOK

    TWITTER

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.