Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 19 abril 2024.

A FSS-CCOO anímate a participar no deseño do primeiro congreso virtual para Técnicos en Coidados Auxiliar de Enfermaría

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) inicia un ambicioso proxecto: a organización de congresos científicos virtuais; encontros organizados por profesionais para profesionais. O obxectivo é proporcionar un espazo de encontro para a actualización de coñecementos, debater sobre aspectos concretos da profesión e mostrar traballos científicos ou experiencias. Por iso, a FSS-CCOO quere contar contigo e anima a todos os profesionais a que participen no seu deseño, a través dunha enquisa anónima.

    08/10/2012.

    Pica aquí se queres participar na elección dos contidos do primeiro congreso virtual dedicado á 'Atención Integral do TCAE ao Paciente: Coidando Vidas', un novo servizo que ofrece a FSS-CCOO aos profesionais.
    Este sindicato iníciase na organización de congresos virtuais cun proxecto dirixido a Técnicos en Coidados Auxiliar de Enfermaría(TCAE), que se celebrará en xuño de 2013. Para iso, a FSS-CCOO xa contou coa participación de máis dun millar de afiliadas e afiliados desta categoría, que colaboraron no seu deseño a través dunha enquisa on line.
    Agora, quere ampliar a participación e ofrece a todos os profesionais a posibilidade de colaborar no deseño deste importante proxecto.
    Un congreso virtual é un congreso científico que se realiza na súa totalidade, ou en grande parte, a través dunha web. A súa estrutura científica sería a mesma:
    mesa inaugural, relatorios, mesas abertas, comunicacións e talleres.
    O comité organización deste congreso agradece de antemán a súa participación a todas e todos os profesionais TCAE que colaboren e emprázaos a inscribirse máis adiante a este congreso científico. Así mesmo, anima ás afiliadas e afiliados que xa responderan á enquisa a que fagan extensible a iniciativa aos seus compañeiros TCAE, e así enriquecer en maior medida os contidos deste congreso.

    FACEBOOK

    TWITTER