Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Apertura prazo inscripción das listas de contratación temporal do SERGAS de varias categorías sanitarias

    28/09/2012.

    Publícase no DOG do 28 de setembro a resolución pola que se abre o prazo de inscrición nas litaxes de selección temporal de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde nas categorías de:

    1. Farmacéutico/a de atención primaria.

    2. Odontólogo/a.

    3. Fisioterapeuta.

    4. Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.

    5. Enfermeiro/a especialista en saúde mental.

    6. Terapeuta ocupacional.

    7. Técnico/a superior en documentación sanitaria.

    8. Técnico/a superior en dietética e nutrición.

    9. Técnico/a en farmacia.

    10. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

    Poderanse formalizar as solicitudes desde o 1 de outubro ata o 31 de outubro de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 16 de outubro de 2012, debendo ser acreditados dentro das datas anteriores.

    Podedes ver a resolución completa no seguinte enlace:

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-240912-0005_gl.html

    Os pasos a seguir na inscrición son os seguintes:

    1.     Acceder a Fides/ Procesos e cumprimentar a solicitude de inscrición.

    2.     Unha vez cuberta, comprobarase que é correcta e procederase a confirmala, imprimindo dita solicitude.

    3.     Presentar a solicitude xunto co formulario de pago de taxas en calquera rexistro oficial, dirixíndoo a unha das unidades de validación que aparecen no formulario de inscrición. Preferentemente dirixirase dita solicitude á mesma unidade validadora onde se presentou o expediente profesional.

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER