Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 20 abril 2024.

CCOO organiza o primeiro congreso virtual para Técnicos en Coidados Auxiliar de Enfermaría

    A FSS-CCOO comeza un proxecto ambicioso, que consiste na organización de congresos científicos virtuais para a súa afiliación. Trátase de encontros organizados por profesionais para profesionais. O obxectivo é proporcionar un espazo de encontro para a actualización de coñecementos, debater sobre aspectos concretos da profesión e mostrar traballos científicos ou experiencias.

    07/08/2012.

    O primeiro congreso vaise dirixir a Técnicos en Coidados Auxiliar de Enfermaría (TCAE) por tratarse dunha categoría moi numerosa, con inquietudes científicas e profesionais ás que CCOO pode e debe dar
    resposta. A súa presentación oficial e a apertura do prazo de inscrición están previstas para o próximo mes de outubro, e a súa celebración para xuño de 2013.
    O lema do congreso será 'Atención integral do TCAE ao paciente: coidando vidas';frase que intenta resumir o papel tan destacado que as Auxiliares de Enfermaría desenvolven no ámbito sanitario e sociosanitario (Dependencia).
    O comité organizador estará presidido por Piar Fernández Ruiz,TCAE do Hospital Carlos Haya de Málaga, e a presidenta do Comité Científico será Isabel López Montañés, TCAE do Hospital
    Xeneral de Valencia, dúas magníficas profesionais que demostraron unha loita continua a favor da súa categoría, tanto a nivel profesional como científico.

    CCOO quere dar a máxima difusión a este evento e a oportunidade de participar neste á súa afiliación. Por iso, está a elaborar unha enquisa que enviará por email ás súas afiliadas e afiliados TCAE para facilitalos que poidan opinar sobre os temas dos relatorios, mesas e talleres.


    FACEBOOK

    TWITTER