Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 11 octubre 2024.

Concentración en Santiago de Compostela, o xoves día 9, as 12:00 diante da Xunta, polos recortes ós empregados públicos

    CCOO en defensa dos servizos públicos

    07/02/2012.

    MANIFESTO SINDICAL CONTRA O ANTEPROXECTO DE LEI DE MEDIDAS NO EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA DE GALICIA.

    Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar, deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia, satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.

    Todas as medidas propostas, neste anteproxecto de Lei, supoñen un ataque brutal e inxustificado dirixido unha vez mais ó conxunto dos empregados e empregadas públicos, medidas que de aplicarse condicionaran aínda máis ó futuro dos Servizos Públicos na nosa Comunidade; por tanto, en consecuencia, debemos rexeitar e rexeitamos todas e cada unha das medidas propostas en base o seguinte decálogo.      

    Primeira:

    As medidas recollidas no Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público supoñen un severo retroceso nos  dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadoras do sector público autonómico.

    Segunda:

    O goberno da Xunta fai recaer unha vez máis o custo da crise sobre os empregados e as empregadas públicos: os traballadores e traballadoras públicos sufriron unha diminución do salario real do 13% nos últimos tres anos, a suspensión dos acordos de mellora retributiva e condicións laborais,a taxa de reposición aplicada ó persoal funcionario foi moi baixa, reduciuse emprego público pola vía das interinidades/substitucións e retrocedeuse severamente en dereitos sociais.

    Terceira:

    As medidas presentadas supoñen un novo erro nas políticas adoptadas para saír da crise e só terán efectos negativos tanto sobre o conxunto da actividade económica, retraendo o consumo e o poder adquisitivo dunha parte da poboación, como sobre os servizos públicos reducindo o persoal e, polo tanto, a calidade dos servizos que se prestan.

    Cuarta:

    Porque non se xustifican máis medidas de axuste. Desde hai tres anos o Goberno galego reincide no recorte do gasto público como única vía de reducir o déficit público sen que isto se traduza nunha recuperación da actividade económica. Non se pode seguir incidindo nas políticas de recorte de gastos. Galicia ten marxe e competencias para actuar en materia fiscal e obter mais ingresos para diminuír o déficit. Ademais, o Goberno Central aprazou as devolucións dos anticipos a conta achegando ós orzamentos da Xunta de 2012 case 250 millóns de euros non previstos inicialmente.

    Quinta:

    As medidas son discrecionais quedando en moitos casos ó arbitrio da Administración e provocan desigualdades entre os diferentes colectivos.

    Sexta:

    Non todas as actuacións propostas supoñen a suspensión temporal de normas ou preceptos o que implica que, unha vez máis, se aproveita a escusa da crise para adoptar medidas de cambios estruturais no emprego público baixo a aparencia de medidas conxunturais.

    Sétima:

    Unha boa parte das actuacións teñen como finalidade a redución do emprego público: a ampliación da xornada ou a aposta pola xubilación do persoal que traerá consigo a amortización de postos de traballo.

    Oitava:

    Vulnera o dereito á negociación colectiva no sector público autonómico derrogando convenios e modificando unilateralmente o V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

    Novena:

    Reduce o salario dos empregados e empregadas públicas xa que recorta prestacións sociais que son salario diferido.

    Décima:

    Estas medidas non garanten que non poidan vir novos recortes dos PGE.Por todo o anterior  ESIXIMOS a inmediata retirada deste anteproxecto de Lei de medidas no emprego público.

    FACEBOOK

    TWITTER