Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Delegadas e delegados sindicais pecháronse na sede do SERGAS en Vigo

  • Despregaron unha pancarta de apoio á folga dos próximos 2 e 3 de novembro
  • CCOO defende que se recuperación económica chegou, como asegura a Xunta, débense restituír os dereitos ao persoal da sanidade pública

Ás 12:30 de hoxe, oitenta delegadas e delegados sindicais de CCOO, CIG, CSIF, SAE, SATSE e UGT pecháronse unhas horas na sede do SERGAS en Vigo, na rúa García Barbón. No edificio administrativo despregaron unha pancarta de apoio á folga convocada para os días 2 e 3 de novembro na sanidade pública.

27/10/2017.
Peche no edificio administrativo do SERGAS en Vigo

Peche no edificio administrativo do SERGAS en Vigo

 A previsión inicial era manter o peche ata o vindeiro luns, día 30, mais ás dúas horas do peche foron informados de que a directora de Recursos Humanos do SERGAS, Marga Prado, recibiría esta semana os representantes sindicais. Desde as organizacións que convocan a folga entenden que a xuntanza será o venres, día 27 de outubro. Sexa como for, coñecida esa convocatoria, decidiron levantar o peche.

Se chegou a recuperación económica, débense recuperar os dereitos

Para CCOO, é necesario que o SERGAS «mova ficha» e negocie un plan para devolver os dereitos arrebatados nos últimos anos aos profesionais da sanidade pública: carreira profesional, acordos por penosidasde (festivos e noites), eliminar a penalización nas incapacidades temporais, compensación económica ao persoal dos PAC, días libres e outras cuestións.

O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, lembra que a Xunta prometeu devolver estes dereitos cando chegase a recuperación económica, «pois ben, levan dous anos a dicir que xa chegou a recuperación e nós queremos recuperar xa os nosos dereitos».

FACEBOOK

TWITTER