Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 mayo 2025.

CCOO denuncia o despido de persoal na residencia da terceira idade SARquavitae de Santiago de Compostela

    A Compra de SARquavitae por parte de GERIATROS está a supor un recorte na plantilla e o empeoramento das condicións de traballo do persoal

    04/05/2017.

    Trala compra de SARquavitae por parte de Geriatros, a empresa está a levar a cabo un recorte da plantilla de persoal e un empeoramento das condicións de traballo de dito persoal. Deste xeito a empresa ven de despedir a tres compañeiras do servizo de limpeza nestes días.
    CCOO denunciou perante a Inspección de Traballo prácticas por parte da empresa que colisionan cos dereitos e o ben facer profesional do persoal como son o aumento das cargas de traballo, non respectar os tempos de lecer ou a modificación das funcións das limpiadoras asignándolles tarefas propias doutras categorías profesionais.
    CCOO non vai aceptar tales conductas e vai defender ao persoal destes abusos por parte da empresa.

    FACEBOOK

    TWITTER