Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 abril 2025.

CCOO e O'Mega auguran un «outono quente» de mobilizacións contra a proposta de carreira profesional do Sergas

  • Procurarán o apoio do resto de sindicatos para protestar xuntos contra unha carreira que discrimina a metade do persoal e se concibe para «premiar os afíns e castigar o resto»

Comisións Obreiras (CCOO) e O'Mega expresaron hoxe o seu rexeitamento á proposta de carreira profesional do Sergas. Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, e Manuel Rodríguez Piñeiro, homólogo do sindicato médico, auguraron un «outono quente» de mobilizacións, para as que procurarán o apoio do resto de organizacións sindicais. Segundo relataron, actualmente só o sindicato CEMS apoia explicitamente a iniciativa da Xunta, toda vez que SATSE e CIG manifestaron a súa oposición e CSI-F e UGT comunicarán pronto a súa postura.

19/06/2018.
No centro, á esquerda, Ángel Cameselle (CCOO-Sanidade); ao seu carón, Manuel Piñeiro (O

No centro, á esquerda, Ángel Cameselle (CCOO-Sanidade); ao seu carón, Manuel Piñeiro (O'Mega)

Os voceiros de CCOO e O'Mega denuncian que a proposta de carreira profesional da Xunta deixa fóra a metade do persoal: traballadoras e traballadores eventuais «que en moitos casos levan dez anos a traballar no sistema sanitario público». O persoal interino pode participar nesa carreira, pero unicamente mediante un grao inicial ?a carreira constaría de catro? que non implicaría melloras retributivas. Neste punto, Cameselle preguntouse «que sentido ten unha redacción claramente discriminatoria que, ademais, vai en contra do que ditan numerosas sentenzas que CCOO gañou en todo o Estado».

Por outra parte, o persoal que si podería participar na carreira vería fraccionadas as melloras retributivas , «algo que non cadra coa etapa de recuperación económica en que se supón que estamos», criticaron Cameselle e Piñeiro. Por exemplo, no ano 2019 cobraríase a metade dun dos graos, mentres que outra metade se percibiría no ano 2020. Posteriormente, sería posible acceder a outro grao xa no 2021, pero cobrando a metade no 2022 e a outra metade no 2023.

Comisións tamén critica o carácter «clasista» desta carreira, xa que esixe menos anos entre cada un dos graos para o persoal licenciado sanitario e ata tres anos máis para o resto. Neste punto, tanto CCOO como O'Mega piden que entre cada grao medien cinco anos e que isto sexa para todo o mundo, tal como recolle a Lei orgánica de profesións sanitarias. Deste xeito, nun máximo de vinte anos sería posible completar a carreira profesional.

Ferramenta para premiar ou castigar

Así mesmo, CCOO e O'Mega denuncian que a Xunta concibe esta carreira profesional como unha ferramenta «para premiar os afíns e castigar o resto», xa que a redacción está «inzada de xeneralidades que poden dar pé a aplicacións arbitrarias». Esixen que a carreira estea estritamente relacionada coa valía profesional e se baleire do contido disciplinario incluído pola Administración autonómica. «A lexislación vixente xa recolle sancións, non é necesario incluír nada disto na carreira profesional», expresaron Cameselle e Piñeiro.

Contra o espírito do acordo de fin de folga

Por último, os sindicalistas lamentaron que a proposta da Xunta sexa contraria ao espírito do acordo de fin de folga de outubro do ano pasado. Neste punto, Cameselle sinalou que CCOO negociou «con lealdade», pero que de agora en diante «estamos lexitimados para adoptar calquera medida que nos permita deter este atropelo e conseguir unha carreira profesional digna e non discriminatoria».

FACEBOOK

TWITTER