Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 abril 2025.

O acordo no sector público iniciará a recuperación dos dereitos arrebatados no ámbito

  • Incremento dos salarios, desbloqueo da negociación colectiva e estabilización do emprego son os aspectos principais que recolle este pacto

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, asinou a pasada semana un acordo global co Ministerio de Facenda e Función Pública que marcará o inicio da recuperación dos dereitos arrebatados ás empregadas e empregados públicos coa escusa da crise. O pacto, que beneficiará a milleiros de traballadoras e traballadores en Galicia, suporá o incremento dos salarios entre un 6,1 e un 8,79 % en tres anos, a recuperación de emprego e a estabilización das prazas temporais en todas as Administracións así como a reposición da negociación colectiva.

19/03/2018.
CCOO asinou o mellor acordo posible

CCOO asinou o mellor acordo posible

Canto ás condicións laborais, recupérase a negociación colectiva, polo que en cada comunidade autónoma poderán negociarse diferentes materias sen autorización previa do Estado, tales como as 35 horas nas Administracións que as tivesen ou o pagamento do 100 % do salario en casos de baixa por incapacidade temporal. Outras cuestións aprobadas son o fomento dos plans de igualdade e medidas de corresponsabilidade en todas as Administracións públicas, o impulso da formación ou a análise sobre a xubilación parcial dalgúns colectivos.

Emprego

No referente ao emprego, pactouse para 2018 a taxa de reposición do 100 % para as Administracións que cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto. A taxa poderase elevar ao 108 % nos sectores ou ámbitos que requiran un esforzo adicional de efectivos. Nas Administracións locais, a cifra aínda poderá ser maior en función de varios parámetros. Así mesmo aprobouse unha taxa do 115 % para forzas e corpos de seguridade do Estado, Policías autonómicas e locais.

OPE excepcional

Na liña do reivindicado por CCOO, haberá unha oferta pública de emprego (OPE) excepcional para dotar de estabilidade todas as prazas do sector público ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. O obxectivo é reducir a temporalidade por baixo do 8 % en tres anos. Estas prazas sumaríanse ás preto de 300.000 que incluía o acordo asinado en marzo do ano pasado.

Impacto do acordo en Galicia

En Galicia, o acordo estatal beneficiará a milleiros de traballadoras e traballadores que progresivamente recuperarán dereitos que lles foran arrebatados coa escusa da crise. As organizacións que integran a Área Pública de CCOO de Galicia ?Ensino, Sanidade e Servizos á Cidadanía? entenden que agora cómpre convocar con carácter «inmediato» unha mesa de negociación galega sobre o desenvolvemento deste pacto, así como cuestións propias que afectan ao persoal público da comunidade autónoma.

O secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, José Manuel Ramos, amais de valorar de xeito «moi positivo» o acordo, enfatiza as repercusións para Galicia, especialmente na negociación colectiva no sector público. «O acordo que se asinou en Galicia hai un ano di que se recollerá automaticamente calquera mellora que se produza nas negociacións estatais, polo que estamos moi satisfeitos», expresa o sindicalista.

O secretario xeral da Federación de Sanidade de CCOO, Ángel Cameselle, salienta que o SERGAS se negaba a negociar varias materias, alegando que primeiro había que desbloquealas no eido estatal. Logrado o acordo no Estado, considera que o Servizo Galego de Saúde «xa non ten escusas» para non dialogar.

No ámbito educativo, a secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, salienta que o punto do acordo referente á estabilización do emprego beneficia colectivos «que quedaran fóra do acordo estatal asinado o ano pasado», tales como o PSEC ou o PAS das universidades.

FACEBOOK

TWITTER