CCOO APOIA AS MOBILIZACIÓNS DE TRABALLADORES E USUSARIOS DOS CENTROS DE SAÚDE DE A CORUÑA

    30/08/2019.

    CCOO apoia as reinvidicacións e mobilizacións dos traballadores e usuarios dos centros de saúde de Atención Primaria, nos que se están a soportar a falta de cobertura do persoal nas distintas categorías, aumentando deste xeito a carga asistencial para os profesionais, e demorando as citas para os usuarios.

    CCOO esixe ao Sergas a cobertura das ausencias en atención primaria na área de A Coruña, dado o incremento das necesidades asistenciais nesta época do ano sobre todo nas localidades costeiras, e pide que a cobertura se faga, preferentemente, mediante persoal eventual e non a través da fórmula da intersubstitución evitando saturar as axendas do persoal que permanece no centro.

    FACEBOOK

    TWITTER

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.