CCOO coida que a nova reestruturación da unidade de paliativos do CHUS prexudicará a calidade da atención

  • Co traslado que se realizará en setembro, haberá un único celador para atender o dobre de doentes

O traslado da unidade de paliativos do Hospital Gil Casares para o Hospital Provincial de Conxo provocará unha nova reestruturación do servizo, afirma a sección sindical de CCOO-Sanidade. Con ese traslado, previsto para setembro, haberá un único celador para atender o dobre de doentes. Ata o de agora, o servizo tiña un celador propio para esta unidade nas quendas de tarde e de noite, pero na nova localización xa non será así.

30/08/2019.

Hai menos dun ano, este servizo xa padeceu outra reestruturación que implicou a desaparición de catro postos de enfermaría e dous de técnicos de coidados auxiliares de enfermaría (TCAE). Agora, os cambios aféctanlles aos celadores, que serán recolocados noutras unidades do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS).

A medida é contraria ao que CCOO vén reclamando nos últimos anos: o incremento de celadoras e celadores no Hospital Provincial de Conxo, cuxo número é «moi deficitario», ata o punto de que en varias quendas só hai unha persoa para atender diferentes unidades con cargas de traballo xa elevadas.

A sección sindical de CCOO no CHUS coida que a Xerencia non debería amortizar, como pretende, seis prazas de celadores e celadoras, senón reforzar as unidades que máis o necesitan.

FACEBOOK

TWITTER

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.