CCOO rexeita o novo contrato de continuidade para o persoal de enfermaría do Sergas

    A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita o novo contrato de continuidade para o persoal de enfermaría do Sergas, asinado cos sindicatos SATSE, UGT, CSI-F e CEMS-O'Mega aproveitando a comisión de seguimento do acordo de continuidade de persoal médico.

    04/07/2019.
    CCOO considera que se trata dun contrato «de escravitude» | Foto: suyizailushang (Pixabay)

    CCOO considera que se trata dun contrato «de escravitude» | Foto: suyizailushang (Pixabay)

    CCOO non asinou este acordo por entender que, máis que de continuidade, trátase dun contrato de «escravitude continuada» para quen o asine, tal como confirmaron os médicos de familia co seu rexeitamento a esta figura. «Ademais, no caso da enfermaría non o poden xustificar coa carencia de profesionais nas listas de contratación», sinala Emilia Lamas, secretaria xeral de CCOO-Sanidade.

    A dirixente sindical acusa o Sergas de «teimar na precarización» do persoal. «Non lles chega con ter os profesionais nunha listaxe de contratación con constante mobilidade entre os diferentes servizos dos hospitais, que agora engaden a mobilidade continua entre a atención primaria e os PAC». Segundo Lamas, estes cambios, xunto coa variación de condicións de traballo, somete os profesionais sanitarios a un «continuado estrés».

    CCOO-Sanidade denuncia que este acordo supón «un paso máis» no que o sindicato cualifica de «cambio encuberto» no modelo de atención primaria. Ademais, con este tipo de actuacións «fúrtanlle ao conxunto dos axentes sociais a posibilidade de negociación e chegar a solucións para os problemas da atención primaria».

    Emilia Lamas agarda que na mesa sectorial, que é onde se ten que ratificar este acordo, os sindicatos que o asinaron «recapaciten e non o apoien».

    FACEBOOK

    TWITTER

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.