Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

CCOO insta o Sergas a cubrir as ausencias en atención primaria polo aumento das necesidades asistenciais en Santiago-Barbanza

  • As localidades costeiras e os concellos atravesados polo Camiño de Santiago ven duplicada a poboación durante o período estival

A Federación de Sanidade de CCOO esíxelle ao Sergas a cobertura das ausencias en atención primaria na área de Santiago-Barbanza, dado o incremento das necesidades asistenciais nesta época do ano. Segundo o sindicato, as localidades costeiras e os concellos atravesados polo Camiño de Santiago ven duplicada a súa poboación durante o período estival, situación especialmente notable en Muros, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Melide ou Arzúa.

27/06/2019.
No verán aumenta a presión asistencial nos concellos costeiros ou por onde pasa o Camiño de Santiago

No verán aumenta a presión asistencial nos concellos costeiros ou por onde pasa o Camiño de Santiago

CCOO-Sanidade pide que a cobertura se faga, preferentemente, mediante persoal eventual e non a través da fórmula da intersubstitución, xa que hai aspirantes dispoñibles nas listaxes públicas e evítase saturar as axendas do persoal que permanece no centro.

O criterio defendido por CCOO é o mesmo que recolle o Acordo sobre determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal das unidades e servizos de Atención Primaria, publicado no Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño de 2008. O dito texto dá preferencia ao chamamento de aspirantes das listaxes de vinculación temporal; só en último caso alude á intersubstitución, que en todo caso será voluntaria. «Esiximos que se cumpra o acordado», recalcan desde o sindicato.

«Hai anos reforzábanse os equipos de Atención Primaria con médico e enfermeira de desprazados, agora non só non se reforzan, senón que nin sequera cobren os profesionais que van de vacacións», critican desde CCOO-Sanidade.

Todo isto deteriora a calidade da asistencia sanitaria, ao diminuír aínda máis o tempo de atención a cada doente e aumentar a penosidade laboral dos equipos de atención primaria, que xa «deben lidar a diario» con outros problemas, como son a carencia de recursos materiais, cotas de pacientes excesivas e, no caso da enfermaría, un aumento de tarefas e funcións respecto das que antes se facían.

FACEBOOK

TWITTER