Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 27 abril 2024.

CCOO mellora os seus resultados respecto ás eleccións do ano 2015 e incrementa a súa representación nas eleccións sindicais do Servizo Galego de Saúde

  • Onte 23 de maio tiveron lugar as eleccións sindicais no Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ás que estaban chamadas a votar 39.445 persoas

24/05/2019.
CCOO nas eleccións sindicais do SERGAS

CCOO nas eleccións sindicais do SERGAS

CCOO mantén un progresivo ascenso electoral. Deste xeito, si no ano 2011, CCOO era a 4ª forza sindical e no 2015 ascendeu a 3ª forza, nestas eleccións de 2019 pasa a ser a 2ª forza.

CCOO é a primeira forza sindical en Vigo (subindo 1 delegado), en Santiago (subindo 2 delegados), obtendo 8 delegados en cada una destas dúas áreas sanitarias, e no Ferrol.

CCOO quere agradecer os votos recibidos e o compromiso e traballo dos seus delegados e afiliados. Desde CCOO mantemos o noso compromiso na defensa dos interes do conxunto dos traballadores, en contraposición o discurso corporativo dalgúns.

Nestes catro vindeiros anos, toca defender a sanidade pública da privatización e dos recortes, defender a creación de emprego e a loita contra a precaridade, e reclamar orzamentos axeitados para a sanidade tanto na atención primaria como especializada. Ao mesmo tempo que agardamos o fallo favorable do TSJ na demanda interposta por CCOO para que todo o persoal independentemente do seu vínculo co SERGAS poda acceder ao seu cobro.

FACEBOOK

TWITTER