Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 23 abril 2024.

CCOO pide incrementar os orzamentos da sanidade e alerta do déficit de fisioterapeutas

  • O sindicato considera que a creación de máis prazas desta especialidade «aliviaría» a situación da atención primaria

Comisións Obreiras (CCOO) pide incrementar o orzamento destinado á sanidade e alerta do déficit de fisioterapeutas. Segundo o sindicato, a creación de máis prazas desta especialidade «aliviaría» a situación da atención primaria en Galicia. A comunidade autónoma ten a metade de fisioterapeutas dos recomendados, o que causa a saturación das consultas de medicina de familia.

04/02/2019.
Galicia ten a metade de fisioterapeutas que sería recomendable

Galicia ten a metade de fisioterapeutas que sería recomendable

CCOO afirma que o «infrafinanciamento» da sanidade provocou o «éxodo» de máis de mil médicos galegos para outras comunidades autónomas e países europeos. Para reverter a situación, cómpre «estabilidade real», e isto inclúe creación de máis prazas, así como retribucións e condicións de traballo «dignas».

O sindicato pide un incremento de case punto e medio no orzamento para a sanidade, de xeito que aumente do 5,7 ao 7,1 %. Ao tempo, coida necesario duplicar os fondos para a atención primaria do actual 12 % ao 25 %.

CCOO-Sanidade afirma que actualmente hai unha gran carencia de profesionais de todo tipo —enfermaría, traballo social, odontoloxía ou matronas, entre outras—. Un dos principais déficits dáse na fisioterapia, campo no que Galicia conta cun profesional por cada 30.000 ou 35.000 habitantes, malia que a recomendación é de un por cada 10.000 ou 15.000.

A actual falta de profesionais tradúcese en listaxes de espera de ata un ano, con consecuencias «visibles» nas consultas de medicina de familia, «sobrecargadas» de doentes con problemas musculoesqueléticos e ostoarticulares, que acoden a estas consultas procurando alternativas para tratar a dor que padecen e solicitando fármacos ou a derivación a especialistas en traumatoloxía ou neuroloxía.

FACEBOOK

TWITTER