Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

O TSXG admite a trámite a demanda de CCOO contra a carreira profesional do Sergas

  • O sindicato afirma que discrimina a metade do persoal e agarda que o alto tribunal «permita facer xustiza»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a demanda da Federación de Sanidade de CCOO sobre a carreira profesional do Sergas, asinada por CIG, CEMS, CSI-F e SATSE. CCOO decidiu recorrer á Xustiza porque ese pacto só beneficiará a pouco máis da metade dos traballadores e traballadoras, pois exclúe parte do persoal fixo e todo o eventual.

17/12/2018.
CCOO defende unha carreira para todas e para todos

CCOO defende unha carreira para todas e para todos

As persoas afectadas, amais de non se beneficiaren, tampouco poderían situarse no grao que lles correspondería se se tiveren en conta os anos traballados desde que foi suprimida a carreira.

CCOO esixiu en todo momento que a carreira profesional debería abranguer a todo o persoal. Por esta razón, após constatar que o proxecto final é «claramente discriminatorio», decidiu rexeitar o asinamento e iniciar accións xudiciais.

A Federación de Sanidade de CCOO repróchalles aos sindicatos que asinaron a carreira que deran o visto e prace a algo que «discrimina parte dos seus compañeiros e compañeiras». Tamén critica que se trata dunha carreira profesional «á baixa, recortada e fraccionada economicamente», xa que o pagamento se fará por etapas durante varios anos.

Desde CCOO agardan que o TSXG, igual que fixeron os altos tribunais doutras comunidades, valide os argumentos do sindicato e «permita facer xustiza».

FACEBOOK

TWITTER