Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 30 junio 2024.

A comisión paritaria do convenio de residencias de Galicia asina as novas táboas salariais, con incrementos retributivos

    A comisión paritaria do convenio de residencias de Galicia, da cal forma parte a Federación de Sanidade de CCOO, acaba de actualizar as táboas salariais do sector, con incrementos retributivos para mitigar o impacto da inflación sobre o poder adquisitivo dos traballadores e das traballadoras.

    22/05/2024.
    Comisións salienta que a mobilización e a implicación do persoal do sector foron «a chave do desbloqueo» das negociacións. Na fotografía, concentración de delegadas de CCOO diante da Xunta de Galicia

    Comisións salienta que a mobilización e a implicación do persoal do sector foron «a chave do desbloqueo» das negociacións. Na fotografía, concentración de delegadas de CCOO diante da Xunta de Galicia

    Desde CCOO salientan que, malia estar xa constituída a mesa de negociación do convenio —o actual rematou a súa vixencia o pasado 31 de decembro—, «conseguimos que a actualización dos salarios non fose materia de nova negociación, senón acordo da comisión paritaria».

    Precisamente, o artigo 5 do convenio prevé que «todos os seus conceptos económicos se incrementarán nunha contía igual ao IPC do ano anterior, que será aboada desde o primeiro mes do ano logo de xuntanza da comisión paritaria do convenio».

    A incorporación da dita cláusula permite esta actualización dos salarios, de xeito que as traballadoras e traballadores do sector non padezan as consecuencias dunha conxelación salarial mentres non se chegue a acordo para un novo texto.

    As novas táboas, asinadas na comisión paritaria do 21 de maio, recollen unha suba do 3,1 %, equivalente ao IPC con que pechou decembro do 2023.

    FACEBOOK

    TWITTER