Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 1 mayo 2024.

CCOO denuncia falta de persoal de enfermaría na residencia compostelá DomusVi San Lázaro

    A Federación de Sanidade de CCOO denuncia que a residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela, «leva meses sen cumprir» coas esixencias que a Lei de servizos sociais de Galicia impón ás residencias de maiores con máis de corenta prazas asistidas. En concreto, son as obrigas de contar con persoal médico localizable as 24 horas e a de ter fisicamente no centro persoal de enfermaría, tamén as 24 horas.

    13/07/2023.
    Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Composela

    Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Composela

    CCOO denunciou en varias ocasións esta situación perante a Consellería de Política Social, «que, polo tanto, é coñecedora destas infraccións», consideradas «falta grave» consonte o establecido no artigo 81, apartado g da dita lei.

    Por outra banda, Comisións sinala que os datos recollidos no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais «non se corresponden coa realidade», xa que inclúen a presenza de tres enfermeiras/os, «o cal non é certo e, aínda que o fose, non permitiría a súa presenza as 24 horas».

    A esta situación engádese, desde hai semanas, «un gromo de tuberculose que vén padecendo o centro, o que agrava a situación pola falta do referido persoal de enfermaría», reproba o sindicato.

    FACEBOOK

    TWITTER