Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 24 abril 2024.

CCOO asina un acordo de melloras retributivas e de condicións de traballo para todo o persoal, que inclúe unha reducción da xornada laboral de 16 días anuais

    Na pasada mesa sectorial do SERGAS do día 20 de abril CCOO asinou un acordo que inclúe melloras nas condicións de traballo e retributivas en diversos conceptos e categorías sobre materias principalmente vinculadas á xornada complementaria, gardas, nocturnidade e festividade entre outras

    24/04/2023.

    Na pasada mesa sectorial do SERGAS do día 20 de abril CCOO asinou un acordo que inclúe melloras nas condicións de traballo e retributivas en diversos conceptos e categorías sobre materias principalmente vinculadas á xornada complementaria, gardas, nocturnidade e festividade entre outras. Os acordos son os seguintes:

    MELLORA RETRIBUTIVA PARA TODAS AS CATEGORÍAS EN GARDAS, ATENCIÓN CONTINUADA, NOCTURNIDADE E FESTIVIDADE:

    Incremento dos conceptos anteriores para tódalas categorías profesionais de persoal estatutario e persoal residente en formación que realiza atención continuada ou gardas, nocturnidade e festividade, incluíndo as categorías profesionais de atención primaria e hospital. Os incrementos serán os seguintes:

    1-Incremento do 7.9% nas contías vixentes de gardas en días laborables e complemento de nocturnidade. (o 50% do importe dos anteriores incrementos será aplicado ao 1 de Xullo de 2023).

    2-Incremento do 15.61% das contías correspondentes a gardas de domingo ou festivo e complemento de festividade vinculada a atención continuada.

    3-A noite do venres pasará a considerarse noite prefestiva nas categorías de persoal sanitario e non sanitario con atención continuada.

    DESCANSOS E ORGANIZACIÓN DAS GARDAS:

    Actualización da normativa de gardas localizadas e de libranzas do persoal, incluído o persoal residente en formación, coa finalidade de ditar unha normativa corporativa que vele pola seguridade e saúde dos/as traballadoras/es.

    DÍAS DE ESPECIAL SIGNIFICACIÓN 24 E 31 DECEMBRO:

    Aboamento dos festivos, nas categorías que actualmente non as perciben e que traballan en quenda de mañá ou tarde tanto na atención primaria como no hospital.

    PAGO DA TURNICIDADE EN QUENDA DE TARDE E DESLIZANTE:

    Implantarase o complemento de turnicidade en atención primaria para quendas de tarde e deslizantes. Acordaranse as condicións de aplicación no seo da mesa sectorial.

    Así tamén, o complemento de quenda terá un incremento de 7,9% a aplicar en xaneiro de 2024.

    XORNADA LABORAL DE 35 HORAS:

    Redución de 112 horas sobre a xornada ordinaria de 37,5 horas, nas seguintes condicións:

    No ano 2023: redución de 21 horas na xornada laboral.

    No ano 2024: redución de 49 horas na xornada laboral.

    No ano 2025: redución de 42 horas na xornada laboral.

    Lembrade que estes acordos enmárcanse na negociación que se mantén na mesa sectorial e que inclúe máis medidas que se están a negociar.

    FACEBOOK

    TWITTER