Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 19 abril 2024.

A metade do persoal fixo de ORL do Hospital Clínico de Santiago secunda a primeira xornada de folga indefinida

    A metade do persoal fixo do servizo de otorrinolaringoloxía (ORL) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) está a secundar este martes a primeira xornada de folga indefinida convocada pola Federación de Sanidade de CCOO. O paro obrigou hoxe a suspender 64 consultas e a cancelar tres quirófanos.

    12/01/2022.
    CCOO convoca folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

    CCOO convoca folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

    CCOO esíxelle á xerenta da Área Sanitaria Santiago-Barbanza o cesamento do xefe de servizo, responsable do conflito laboral que motivou varias xornadas de folga en decembro e agora este paro indefinido. O sindicato lamenta que Eloína Núñez non asuma as súas competencias e que deixe a posible solución en mans da Inspección.

    Segundo CCOO, o xefe de ORL leva anos tratando o persoal facultativo con menosprezo e faltas de respecto, ademais de exercer de maneira autoritaria a súa responsabilidade. A isto súmase unha mala organización do servizo que acaban padecendo tanto traballadoras e traballadores como doentes, sinala o sindicato.

    A «insostible» situación obrigou a CCOO a convocar varias xornadas de folga o pasado mes de decembro e agora un paro indefinido.

    O conflito chega ao Parlamento

    Cadrando co comezo da folga indefinida, este longo conflito laboral entra agora no Parlamento da man dos dous grupos da oposición. O PSdeG-PSOE exporá tres preguntas para a súa resposta por escrito, mentres que o BNG formulará dúas cuestións no pleno da Cámara autonómica.

    Asemade, ambos os dous grupos pedirán o informe da Comisión de Mediación e Análise que a Xerencia da Área Sanitaria remitiu á Inspección «e do que non teñen coñecemento os afectados», apunta CCOO.

    FACEBOOK

    TWITTER