Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 27 abril 2024.

CCOO insta á Consellaría de Sanidade a facerlle a proba do coronavirus a todo o persoal da sanidade e da dependencia

  • Os datos do COVID-19 reflicten unha porcentaxe que medra día a día de profesionais da saúde contaxiados polo virus.

30/03/2020.
CCOO esixe facerlle o test do coronavirus a todo o persoal sanitario

CCOO esixe facerlle o test do coronavirus a todo o persoal sanitario

CCOO insta á Consellaría de Sanidade a facerlle a proba do coronavirus a todo o persoal da sanidade e da dependencia. Os datos do COVID-19 reflicten unha porcentaxe que medra día a día de profesionais da saúde contaxiados polo virus.

Non é admisible que a Administración non protexa a quen está na primeira liña de loita contra o coronavirus, e que é quen está coidando da saúde da poboación.

CCOO Sanidade leva desde o comenzo desta pandemia, instando á Consellaría de Sanidade á realización destas probas, e a Consellería segue a facer oidos xordos ás aportacións que dende este sindicato lles facemos chegar.

CCOO denuncia que nalgúns hospitais existe un maior numero de profesionais contaxiados que do resto da poboacion. Estamos a ser o maior vector de trasmisión, o que dificulta moito más se cabe o obxectivo de controlar esta pandemia.

Cómpre adoptar medidas de xeito inmediato. O persoal da Sanidade de da Dependencia, ten que ir a traballar sen medo, protexido, como se recolle nos plans de prevención de riscos, coas medidas de proteccion axeitadas, e sen que estas escaseen.

Esta pendemia non se pode combater só con confinamento. Se nón protexemos a quen nos coida, non só saturaremos os hospitais, senón que non teremos quen nos poida dar os coidados necesarios .

A Consellaría de Sanidade ten que facerlle xa a proba do COVID-19 a todos os profesionais, e non agardar a que comencen con síntomas para facerlla. Cómpre lembrar que existe unha porcentaxe que persoas asintomáticas aínda sendo portadoras do virus e que poden contaxialo.

Protexe a quen te protexe!

FACEBOOK

TWITTER