Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

O SERGAS négase a convocar a mesa sectorial para abordar o CPV

    24/06/2011.

    CCOO xunto coas centrais sindicais CIG,UGT e CSI-F, solicitamos á dirección de Recursos Humanos a convocatoria urxente da Mesa Sectorial para tratar o tema do Complemento de Productividade Variable, pero a Directora de RRHH, Esperanza Fernández, nega a convocatoria baseándose en que a cuestión nin é urxente nin xustifica unha convocatoria extraordinaria. Dito complemento foi negociado por a CESM no ano 1996 , e parece ser que é máis cómodo seguir negociando con obscurantismo , ou, simplemente e tal como fixo o 25 de maio, reunirse só coa nova coalición CESM-OMEGA para cumplir o trámite e deixar as cousas tal e como estaban,non arranxaron nada.

    O persoal facultativo debe agradecer a Administración e a coalición médica a situación na que está agora o CPV: que non cobrou o cobrou menos non vai recuperar os cartos, e os obxectivos seguirán sendo negociados e coñecidos ou non como ata o de agora, a Administración vai facendo cambios sobre o Acordo e incorporando novos criterios e CESM-OMEGA nin os denunciou nin exixiu o cumprimento do Acordo, ese é o sindicalismo corporativo.

    O SERGAS xa aforra retirando a gratificación que se aboaba por prescrición de xenéricos dentro do CPV, ¿onde están eses cartos xa orzamentados? ¿denunciou CESM-OMEGA esto?

    POSTURA DE CCOO  CON RESPECTO O CPV:

    1- Denunciamos o obscurantismo do Acordo do CPV que non favorece a ninguén.
    2- Denunciamos as xuntanzas bilaterais para negociar fora da Mesa Sectorial que non levan a nada, véxase si non o resultado do acadado por CESM-OMEGA .:NADA
    3- Reclamamos que o acordo se traslade para a súa negociación á Mesa Sectorial, e que sexa nela, onde está a representación do persoal onde se acorde a súa validez ou renovación.
    4- Mentras non se avalie ou renegocie o Acordo de CPV que se respete e cumpla estrictamente o recollido nel, sen cambiar criterios.
    5- Que non se penalice aos profesionais que por causa destos cambios non puideron cobrer o complemento total ou parcialmente.
    6- Os obxetivos a cumprir nos que se basa o CPV teñen que ser negociados en Decembro para podelos desenvolver durante todo o ano, e poder acadar o seu cumprimento. Na atención Primaria son obxectivos de equipo
    7- Que se retiren os criterio chave, sobre todo os que non dependen do traballo do persoal, como por exemplo o peche masivo de camas e quirófanos no verán, decidido pola Administración e non negociado nin advertido aos profesionais.

    O SERGAS busca o aforro a toda costa, pero sobre todo a costa dos bolsillos dos e das traballadores do sistema, e sin importarlle a merma de calidade. As conductas caciquis da administración non serán consentidas por CCOO ainda que algúns as aplaudan.



    FACEBOOK

    TWITTER