Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

CCOO denuncia ante a Fiscalía a situación dos servizos de urxencias hospitalarias de Vigo

    O sindicato denuncia que a situación de colapso continuo dos servizos de urxencias xeran unha falta de seguridade para os doentes así como un aumento de riscos psicosociais para os traballadores

    02/02/2015.

    CCOO ven de denunciar ante a Fiscalía a situación dos servizos de urxencias hospitalarias da área de Vigo que están a xerar unha falta de seguridade para os doentes e un incremento dos riscos psicosociais para os traballadores.

    CCOO inclúe na denuncia os seguintes feitos:

    Falta de intimidade dos doentes, sobre todo cando están amoreados en padiolas nos corredoiros e teñen que practicarse probas, coidados ou  tratamentos, quedando espidos á vista doutros doentes ou familiares. 
    Falta de garantía na confidencialidade, tanto da información a recibir como dos actos médicos e do resto do persoal pola masificación de doentes dentro dos servicios de urxencias. 
    Falta de visibilidade e seguridade dos doentes tanto nos boxes de observación coma nos corredoiros facendoos vulnerables a determiñadas situacións, por plantillas insuficientes. 
    Masificación e exceso de doentes dentro dos servizos de urxencias en relación as plantillas existentes, o que fai imposible o cumplimento do método Manchester, que ten como fin atender nun tempo determiñado a os pacientes etiquetados cunha cor determiñada. 
    Permanencia excesiva dos doentes pendentes de ingreso nos Servizos de Urxencias mentres a Dirección de Vigo tiña camas pechadas tanto no Policlínico Cíes, como no Hospital Xeral e no Hospital Nicolás Peña. 
    O sindicato solicitou á Fiscalía a depuración de responsabilidades por estes feitos.

    FACEBOOK

    TWITTER