Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

MOBILIZACIÓNS DOS TRABALLADORES DO CHUVI CO RESPALDO DA XUNTA DE PERSOAL EN DEFENSA DO SEU FUTURO LABORAL ANTE A PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS CO NOVO HOSPITAL DE VIGO

    29/10/2014.
    Asemblea 29-10

    Asemblea 29-10

              A construcción do novo hospital de Vigo, que o goberno da Xunta deixa en mans de empresas privadas, supón a privatización de diferentes servizos como a cociña, a lavandería, mantemento, ou lencería entre outros. A día de hoxe a Xerencia de Vigo deu explicación de cal será o futuro profesional dos traballadores destes servizos, que nuns casos serán prexudicados pola privatización, e noutros directamente perderán o seu emprego. Cómpre lembrar que esta privatización non só afecta aos servizos "non sanitarios", xa que para facer fronte ao canon anual de 75 millóns de euros á concesionaria,  reducirase o gasto corrente, o que supón unha merma nos cadros de persoal non sanitario así como sanitario.
    Por isto o persoal do CHUVI co apoio da Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Vigo está a convocar asembleas de traballadores, concentracións diarias e manifestacións no Hospital Xeral de Vigo. A estas actividades súmase a convocatoria de folga ininterrumpida a partires do día 3 de novembro que consistirá en paros legais diarios en horario de 12:30 a 13:30 en quenda de mañán, e de 19:30 a 20:30 en quenda de tarde.

    Dende a Xunta de Persoal perséguese o obxectivo de abrir unha Mesa de Negociación onde participe a Xunta de Persoal, a Xerencia de Vigo e a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS, ante esta inminente privatización de servizos e a incertidumbre laboral dos traballadores.

    CCOO defende e defenderá os postos de traballo de tódolos compañeiros e combatirá as privatizacións dun goberno que pretende deixar os cartos dos cidadáns en mans dos seus "amigos" da empresa privada.

    FACEBOOK

    TWITTER