Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

A Xunta de Persoal e os traballadores da Área Sanitaria de Vigo contra a decisión da xerencia da EOXI de non dotar de laboratorio central ao Novo Hospital de Vigo

    A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo, da que forma parte CCOO, está a convocar distintas manifestacións e actos en contra da decisión da Xerencia de non dotar ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, e de traladar o mesmo ao Hospital do Meixoeiro

    30/07/2014.
    Laboratorio

    Laboratorio

    A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo ven convocando distintos actos por esta decisión da xerencia que CCOO interpreta como a "antesala" da privatización dos laboratorios.

    Dende CCOO esiximos ao SERGAS que dote ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, así como o cese do regueiro de privatizacións que este goberno está a promover na sanidade pública.

    Dende o goberno decidiron entregar a construción do novo hospital a empresas e bancos para que o xestionen de forma privada, multiplicando o prezo por 5 e recortando camas, dimensión e servizos, incluso segregando algúns deles como o LABORATORIO CENTRAL, privatizando a lavandería, cociña, mantemento, etc.

    Por isto dende CCOO, apoiamos a convocatoria da Xunta de Persoal  esixindo que o novo hospital de Vigo conte cun laboratorio central. É inconcebible desde un punto de vista científico que o novo hospital careza do mesmo, e o fan porque segregándoo, mais tarde o poderán privatizar con menos dificultades.

    Podedes consultar a información publicada sobre este tema nos distintos medios de comunicación a través das ligazóns que se inclúen abaixo, así como unha nota de SOS Sanidade Pública.

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER