Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 5 mayo 2024.

CCOO ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal da sanidade privada de Pontevedra sobre o convenio

  • O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica presentada pola parte empresarial

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal do sector privado sobre o convenio do ámbito na provincia de Pontevedra. O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica presentada pola parte empresarial, pero tamén critica que non haxa melloras noutros aspectos.

07/02/2017.

Após varias reunións para negociar o convenio, a patronal propón un 0,25 % de incremento salarial para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019, e do 0,5 % para 2020 e 2021. CCOO rexeita a oferta por «irrisoria», máis aínda cando no período 2013-2015 non houbo suba salarial ningunha, polo que se trataría de incrementar apenas un 2 % os salarios nun «longo período» de oito anos ?de 2013 a 2021.

CCOO critica tamén que a patronal non propoña ningunha mellora social, agás no caso da equiparación salarial de enfermeiras e enfermeiros ao colectivo de fisioterapeutas, o que se faría nun prazo de cinco anos, entre 2017 e 2021.

O sindicato reproba tanto a oferta como a actitude amosada pola patronal e coida que «moito terían que mudar as cousas» para que na xuntanza do próximo día 14 se chegue a un acordo.

FACEBOOK

TWITTER