Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 2 mayo 2024.

Convenio da sanidade privada da provincia de A Coruña

    05/02/2017.

    Como sabedes dende primeiros do 2016 estase a negociar o Convenio Colectivo de Sanidade Privada.
    As delegadas e delegados sindicais seguindo o mandato dos traballadores e traballadoras do sector sanitario, pretendemos acadar como mínimo un incremento salarial digno e unha mellora nos dereitos sociais (permisos, lactancia, etc).
    Certamente a petición da parte sindical pretendeu corrixir o feito de que nos anos 2010 e 2011 non houbo ningún incremento salarial e desde o 2010 ate o 2015 temos acumulado unha perda do poder adquisitivo dun 3%.
    Sen embargo, a Patronal non ten esta mesma preocupación pola dignidade e mellora das nosas condicións laborais, e durante toda a negociación só ofreceron unha subida salarial dun 0,625 %, sin ter en conta o IPC, e sempre coa ameaza de que para acadar un maior incremento salarial
    tiñamos que renunciar ao complemento de antigüidade.
    Dado que a patronal se puxo intransixente dando negativas a todo, convocáronse mobilizacións, máis tarde para chegares a unha solución pacífica do conflito, solicitouse unha mediación da autoridade laboral que permitise acadar un punto de encontro entre as posturas das dúas partes.
    Neste momento, avanzada a mediación, continuamos sen poderes chegar a ningún acordo. Aínda agora, cando xa se publicou o IPC do 2016 que é dun 1,6, só ofrecen unha suba do 1%, co que seguiriamos perdendo poder adquisitivo. Para o 2017 ofrecen un 1,25 % e para o 2018 un
    1,5%, pero néganse a incluír unha cláusula de revisión segundo o IPC, de tal xeito que, si o IPC fose superior, xa no poderiamos falar de perda de poder adquisitivo senón de explotación e salarios miserables.
    E, por si fose pouco, néganse a incorporar que o convenio actual siga vixente ata que se asine o seguinte, o que pode supor que se poidan perder condicións do convenio para o persoal que xa está indefinido e que o de nova contratación entre coas condicións laborais máis básicas, lonxe do
    dereitos que recolle o Convenio. Xa temos así asegurado traballadoras/es de 2ª e traballadoras/es de 3ª. Con estas condicións na Sanidade Privada non hai traballadoras/es de primeira
    En definitiva, ningunha mellora das nosas condicións de traballo e salarios miserables e único que ofrecen.
    Aínda que seguiremos insistindo ate o final para chegar a un acordo que, cando menos, inclúa un incremento salarial que permita unha mínima recuperación dos nosos salarios, en ningún caso poderemos aceptar que os nos salarios continúen perdendo poder adquisitivo.
    Sen diálogo, sen un acordo digno, obrigarannos a retomar as mobilizacións e a incrementar ao máximo o conflito.
    ESIXIMOS RESPECTO PARA O PERSOAL DA SANIDADE PRIVADA DA CORUÑA.
    QUE REMATE ESTE PARIPÉ PATRONAL, NEGOCIACIÓN REAL XA!!!!

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER