Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 26 abril 2024.

Arbitrariedade do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos PAC

  • O sindicato coida «obsoleto» un sistema que limita as posibilidades de emprego de milleiros de profesionais, que provoca conflitos de horarios e que prexudica a saúde no traballo

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia denuncia a «arbitrariedade» do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos puntos de atención continuada (PAC). Segundo o sindicato, a actuación da Administración, que se repite en varias áreas sanitarias do país, prexudica centos de profesionais.

23/11/2016.
Sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

CCOO-Sanidade explica que, hai case unha década, o SERGAS negociou cos sindicatos un acordo que lle permitía ao persoal dos centros de saúde facer horas extras nos PAC para cubrir as necesidades de atención, nun momento en que había poucos efectivos de enfermaría.

Porén, a situación hoxe é moi distinta, pois hai máis de 1 600 persoas inscritas nas listaxes de contratación ?logo de pagaren unha taxa?, o que deixa «obsoleto» o sistema. CCOO tamén denuncia que a oferta de horas de traballo ao persoal de enfermaría con contratos fixos afasta das posibilidades de emprego, mesmo que sexa temporal, un gran número de profesionais.

A continuidade deste sistema tamén está a provocar outra serie de prexuízos. Segundo CCOO, nalgunhas áreas sanitarias prodúcense conflitos entre profesionais por razón dos horarios: a normativa actual permítelle ao persoal fixo facer ata 600 horas anuais a maiores e os profesionais que voluntariamente decidan facelas, teñen preferencia á hora de decidiren se será en días laborables. Cando así acontece, o resto do persoal dos PAC vese «desprazado» polo SERGAS ?que organiza os horarios? a cubrir as quendas de fin de semana, o cal, de media, pode implicar facer seis ou sete fins de semana máis ao longo do ano.

Un terceiro prexuízo que constata CCOO afecta á saúde laboral do colectivo de enfermaría que se somete a estas quendas voluntarias, xa que realizan unha xornada de sete horas no centro de saúde, a seguir 17 no PAC e de novo outras sete no seu centro; en total, 31 horas de traballo continuado, sen descanso.

CCOO denunciou en marzo do 2015 o pacto que mantén vixente este sistema, pero o SERGAS négase a renegocialo, aducindo que só Comisións se opón.

FACEBOOK

TWITTER