Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 octubre 2026.

A FSS-CCOO solicita á Ministra de Sanidade o desenvolvemento das especialidades de Enfermería e propón a adaptación da especialidade de coidados médico-cirúrxicos

  • [11/06/2026] A FSS-CCOO pide desbloquear a especialidade de Coidados Médico-Cirúrxicos, dividila en tres áreas específicas, aumentar as prazas EIR e crear novas áreas de especialización adaptadas ás necesidades actuais do Sistema Nacional de Saúde.

11/06/2026.
Proposta da FSS-CCOO para adaptar a especialidade de Enfermería de Coidados Medico-Cirúrxicos

Proposta da FSS-CCOO para adaptar a especialidade de Enfermería de Coidados Medico-Cirúrxicos

A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) remitiu unha carta á Ministra de Sanidade para trasladarlle a súa preocupaciónpola situación actual das especialidades de Enfermaría no Sistema Nacional deSaúde e, especialmente, pola falta de desenvolvemento efectivo daespecialidade de Enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos, prevista no nosoordenamento xurídico desde hai máis de dúas décadas.

A regulación das especialidades de Enfermaría ten a súa orixe no Real Decreto 992/1987, do 3 de xullo, e foi posteriormente consolidada mediante o Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre Especialidades de Enfermaría, que estableceu sete especialidades: Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona), Enfermaría de Saúde Mental, Enfermaría Xeriátrica, Enfermaría do Traballo, Enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos, Enfermaría Familiar e Comunitaria e Enfermaría Pediátrica.

Porén, malia o tempo transcorrido, o desenvolvemento destas especialidades continúa a ser desigual no conxunto do Estado. Aínda que a maioría das comunidades autónomas xa crearon categorías profesionais específicas e comezan a incorporarse prazas de especialistas nas ofertas públicas de emprego e nas bolsas de traballo, a implantación real do modelo segue a serinsuficiente.

Por iso, desde a FSS-CCOO consideramos imprescindible impulsar de forma urxente o desenvolvemento completo do sistema de especialidade senfermeiras mediante:

  • A definición efectiva de postos de traballo específicos para enfermeiras especialistas.
  • O desenvolvemento pleno das competencias profesionais asociadas acada especialidade.
  • O incremento significativo de prazas de formación sanitaria especializada (EIR).
  • A incorporación de máis prazas de enfermeiras especialistas nos cadros de persoal estruturais dos servizos de saúde.
  • A mellora das condicións laborais e retributivas tanto das enfermeiras especialistas como do persoal en formación sanitaria especializada.
  • A apertura de novos procedementos excepcionais para a obtención de títulos de especialista que permitan recoñecer a experiencia acumulada por milleiros de profesionais que levan anos desenvolvendo funcións propias destas especialidades.

En relación coa especialidade de Enfermaría de Coidados Médico-Cirúrxicos, queremos manifestar que o seu desenvolvemento continúa bloqueado debido, principalmente, á amplitude e heteroxeneidade dos ámbitos asistenciais que pretende abranguer. Esta situación xera incerteza entre numerosos profesionais que traballan en áreas altamente especializadas da atención hospitalaria e que continúan sen unha resposta normativa axeitada.

Por este motivo, desde a FSS-CCOO propoñemos avanzar cara a un modelo máis específico e funcional mediante a adaptación da actual especialidade de Coidados Médico-Cirúrxicos en tres especialidades:

  1. Enfermaría de Coidados Críticos, Urxencias e Emerxencias: integrando as áreas de urxencias, emerxencias, unidades de coidados intensivos, reanimación e atención a grandes queimados.
  2. Enfermaría Cirúrxica e Diálise: integrando os ámbitos de quirófano, perfusión, transplantes e diálise.
  3. Enfermaría de Coidados Paliativos e Coidados Complexos: integrando as áreas de hospitalización domiciliaria, enfermidades infecciosas, ostomías, coidados paliativos e atención a pacientes oncolóxicos.

Consideramos que esta proposta permitiría recoñecer axeitadamente as competencias profesionais existentes, ordenar a formación especializada e responder de maneira máis eficaz ás necesidades actuais do Sistema Nacional de Saúde.

Así mesmo, solicitamos ao Ministerio de Sanidade a apertura dunha mesa de negociación coas organizacións sindicais e profesionais representativas para estudar e concretar unha solución normativa, formativa e organizativa que faga posible o desenvolvemento definitivo deste ámbito de especialización.

Por outra banda, queremos trasladar a nosa posición respecto da regulación da Enfermaría de Práctica Avanzada (EPA) e da Enfermeira Xestora de Casos. Entendemos que calquera avance nestes perfís profesionais debe realizarse garantindo plenamente os principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Por iso, consideramos imprescindible que:

  • O acceso a estes postos se realice mediante convocatorias públicas.
  • Existan procedementos obxectivos e transparentes de selección.
  • Se definan claramente as competencias profesionais asociadas.
  • Se garanta o acceso equitativo á formación necesaria mediante programas acreditados e financiados polas administracións públicas.

A crecente complexidade da atención sanitaria esixe unha planificación estratéxica dos recursos humanos baseada na especialización, no recoñecemento profesional e na excelencia nos coidados. O desenvolvemento pleno das especialidades enfermeiras non constitúe unicamente unha reivindicación profesional, senón unha necesidade para mellorar a calidade asistencial, reforzar a seguridade dos pacientes e garantir a sustentabilidade futura do Sistema Nacional de Saúde.

Por todo isto, solicitamos ao Ministerio de Sanidade que impulse de maneira decidida o desenvolvemento integral do modelo de especialidades enfermeiras e que adopte as medidas necesarias para resolver de forma definitiva a situación da especialidade médico-cirúrxica.

FACEBOOK

TWITTER