Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 diciembre 2025.

Os sindicatos da mesa sectorial do SERGAS convocan folga na Atención Primaria ante o intento da Xunta de mudar o modelo asistencial

  • [31/10/2025 ]As organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de sanidade —CCOO, CIG-Saúde, CSIF e UGT— anuncian mobilizacións e unha xornada de folga o mércores, 26 de novembro, para rexeitar o novo modelo de atención primaria impulsado pola Consellaría de Sanidade.

31/10/2025.
Atención Primaria

Atención Primaria

Os sindicatos denuncian que as medidas avanzadas polo departamento autonómico supoñen unha modificación substancial e «moi penosa» das condicións de traballo do persoal sanitario. Tamén coidan que empeorará a calidade da asistencia.

Segundo as organizacións sindicais, o texto —presentado a mediados de outubro— é improvisado, insuficiente e sen contido real, e non dá resposta ás súas demandas sobre planificación, ratios de persoal, carga de traballo ou estabilidade laboral. A atención primaria en Galicia vive unha «situación crítica», e o Sergas non pode continuar agochando a súa falta de planificación detrás de documentos baleiros.

CCOO, CIG-Saúde, CSIF e UGT xa lle entregaron á Consellaría de Sanidade un documento con propostas comúns que inclúen a reconversión das prazas de FEAP en médicas/os de familia, a entrega de datos desagregados por centros, un plan de actuación a curto, medio e longo prazo e mais o desenvolvemento do concurso de enfermaría familiar e comunitaria.

FACEBOOK

TWITTER