Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 25 abril 2024.

CCOO mellora os seus resultados respecto ás eleccións do ano 2019 e incrementa en 10 delegados/as a súa representación nas eleccións sindicais do Servizo Galego de Saúde

    Onte 11 de maio tiveron lugar as eleccións sindicais no Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ás que estaban chamadas a votar 43.150 persoas. CCOO incrementa deste xeito a súa representación na Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde, pasando de 39 a 49 delegados/as.

    12/05/2023.

    Os resultados das elección sindicais de onte refrendan o progresivo ascenso electoral no número de delegados e delegadas que CCOO ven mantendo nos anteriores procesos electorais.

    CCOO quere agradecer os votos recibidos e o compromiso e traballo dos seus delegados e delegadas e da súa afiliación. Desde CCOO mantemos o noso compromiso na defensa dos interes do conxunto dos traballadores, en contraposición cos discursos corporativos e de intereses parciais doutros.

    Nestes catro vindeiros anos, toca defender a sanidade pública, defender a creación de emprego e a loita contra a precariedade, mellorando as condicións laboráis e retributivas do persoal, e reclamar orzamentos axeitados para a sanidade tanto na atención primaria como especializada.

    FACEBOOK

    TWITTER