Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 20 abril 2024.

O acordo de mellora de condicións de traballo na sanidade «inclúe a todos os colectivos e non deixa fóra a ninguén», salienta CCOO

    O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Javier González Castro, salienta que o acordo de mellora de condicións de traballo e retributivas alcanzado na mesa sectorial da sanidade «inclúe a todos os colectivos e non deixa fóra a ninguén». Isto, xunto coa amplitude de materias tratadas, son as principais diferenzas respecto dun acordo previo ao que chegara o Sergas cunha organización sindical que non forma parte da mesa, «que respectamos, pero non entendemos», apuntou.

    02/05/2023.
    Javier González (CCOO), segundo pola esquerda, salientou a importancia deste acordo

    Javier González (CCOO), segundo pola esquerda, salientou a importancia deste acordo

    O máis salientable do pacto son os incrementos retributivos e as notables reducións na xornada anual para os próximos tres anos, co obxectivo de «reducir a carga de traballo dos profesionais e de dignificar as condicións laborais». Así o explicou González nunha conferencia de prensa xunta representantes de UGT, CIG e SATSE, organizacións que tamén asinaron este acordo.

    Incrementos económicos

    Deste xeito, increméntanse as contías para as gardas, a atención continuada, a nocturnidade e o traballo en festivos para toda as categorías profesionais. O aumento será do 7,9 % respecto das contías vixentes nos casos de gardas médicas en días laborables, e outro tanto para a nocturnidade e para as quendas —neste caso, para a atención primaria—, e do 15,61 % nas gardas en domingos ou festivos. Ademais, a noite do venres pasa a ter a condición de noite prefestiva.

    Canto aos descansos, tomaranse medidas para garantir os diarios, festivos e semanais que correspondan ao persoal que faga gardas. Para isto, elaborarase un estudo que se levará á mesa sectorial o vindeiro mes de xuño. Acórdase tamén que, para todas as categorías, os días 24 e 31 de decembro teñan a consideración de festivos e non de xornada ordinaria.

    Redución da xornada anual en 112 horas

    No que atangue á xornada laboral, sufrirá unha importante redución nos próximos anos. Para o que resta de 2023, reducirase en 21 horas, en 49 máis para 2024 e en 42 para o 2025. En total, 112 horas laborais menos, co obxectivo de pasar dunha xornada semanal de 37,5 horas a unha de 35.

    En opinión dos sindicatos asinantes, estas melloras «farán máis atractivas as prazas sanitarias en Galicia», e evitarán «fugas» a outras comunidades autónomas. Ademais, a redución de xornadas tamén debería implicar aumentos na contratación e, nos casos en que iso non sexa posible, «melloras económicas, xa que as horas que se fagan de máis non terán a consideración de xornada ordinaria, polo que haberá que pagalas axeitadamente».

    O máis salientable do pacto son os incrementos retributivos e as notables reducións na xornada anual para os próximos tres anos, co obxectivo de «reducir a carga de traballo dos profesionais e de dignificar as condicións laborais». Así o explicou González nunha conferencia de prensa xunta representantes e UGT, CIG e SATSE, organizacións que tamén asinaron este acordo.

    FACEBOOK

    TWITTER