Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 19 abril 2024.

CCOO esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia da COVID-19 entre o persoal sanitario

  • Case catro de cada dez casos activos de coronavirus están relacionados con traballadoras e traballadores da sanidade pública

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia de COVID-19 entre o persoal da sanidade pública. Ao tempo que os datos de contaxios na poboación xeral amosan unha tendencia decrecente, aumentan cando se trata de traballadores e traballadoras da saúde, alerta o sindicato. «Dous meses e medio despois da declaración do estado de alarma, o Sergas debe explicar por que os profesionais deste ámbito se contaxian a un ritmo maior ca o resto», apuntan desde o sindicato.

25/05/2020.
O 38,04% de casos activos de COVID-19 sen entre persoal da sanidade pública

O 38,04% de casos activos de COVID-19 sen entre persoal da sanidade pública

O 22 de maio, as cifras de casos activos en Galicia eran 920 persoas, das cales 350 (o 38,04 %) son persoal da sanidade pública. «Os datos son moi preocupantes e demostran que o primeiro dique de contención fronte á pandemia segue desprotexido», advirte a secretaria xeral de CCOO-Sanidade, Emilia Lamas.

Dos 350 contaxios na sanidade pública, 289 corresponden a persoal sanitario; destes, 119 enfermeiras e enfermeiros, 91 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e 79 médicas e médicos. O total de persoal contaxiado desde o comezo da pandemia é de 2239 positivos, incrementándose na última semana en 173 casos, cando no resto da poboación os casos activos diminuíron en 154 persoas, pasando de 1074 casos activos a 920.

CCOO denuncia a «pasividade» do Sergas, que aínda non tomou ningunha medida ao respecto, malia que o sindicato xa avisou da situación na última reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde. «Se non coidamos a quen nos coida, non podemos estar preparados para un rebrote», advirte Lamas.

A Federación de Sanidade de CCOO pide un estudo «serio e rigoroso» para identificar as causas desta alta incidencia e poder tomar medidas correctoras. Así mesmo, o sindicato insiste en «non escatimar equipos de protección» para o persoal da sanidade pública.

FACEBOOK

TWITTER