Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

O TSX DE GALICIA DALLE A RAZÓN A CCOO NUN LITIXIO QUE BENEFICIA A MILLEIROS DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DAS RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE

    Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón a CCOO e declara o dereito dos traballadores e traballadoras das residencias privadas da terceira idade a desfrutaren de maneira real e efectiva, diferenciada e independentemente, dos descansos semanal (día e medio ininterrumpidos) e diario (doce horas), sen que de ningún xeito poidan solaparse. Isto é, milleiros de traballadores e traballadoras ven recoñecido xudicialmente o dereito a un descanso mínimo de 48 horas continuadas.

    A mesma sentenza recoñece o dereito a que os festivos traballados, caso non sexan retribuídos economicamente, sexan compensados con 1,3 xornadas laborais de descanso no suposto de acumulación coas vacacións anuais ou no caso de desfrute independente ou acumulado inferior aos 12 días festivos.

    CCOO leva anos batallando polo cumprimento íntegro do artigo 38 do convenio colectivo das residencias privadas da terceira idade de Galicia e agora ve como o alto tribunal galego lle dá a razón.

    24/05/2020.
    Imaxe dunha concentración

    Imaxe dunha concentración

    Na Sentenza por Conflicto Colectivo 18/2020, de 19 de maio de 2020, o Tribunal declara o dereito dos e das traballadoras a desfrutar de maneira real e efectiva, diferenciada e independentemente, dos descansos semanais (dia e medio ininterrumpidos) e diario (doce horas) sin que en ningún suposto o tempo de descanso diario poida quedar solapado polo tempo de descanso semanal. E dicir, un desfrute de 48 horas de descanso mínimo continuado.

    Asemade, o recoñecemento do dereito a que, en caso de non compensarse os festivos economicamente, lles sexan compensados cada día festivo traballado por 1´3 xornadas laborais, no suposto de acumulación coas vacacións anuais ou no caso de desfrute independente ou acumulado inferior aos 12 días festivos.

    CCOO leva anos a batallar polo cumplimento completo do artigo 38 do convenio colectivo das residencias privadas da terceira idade de Galicia.

    CCOO sempre entendeu que por cada festivo traballado o persoal tiña dereito a disfrutar de 1´3 días a descontar da xornada anual.

    CCOO iniciou esta loita en maio de 2018, cando solicitamos á Comisión Paritaria do convenio que a compensación de días festivos, conforme ao artigo 38.c), que a interpretación correcta é que o día de descanso por mor da compensación de festivo traballado deberá ser computado como tempo traballado a todos os efectos.

    FACEBOOK

    TWITTER