Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS

    04/05/2020.
    Actualización listas contratación

    Actualización listas contratación

    Informa o SERGAS que está previsto que o mércores, 29 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ás puntuacións definitivas do proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías: ALBANEL, CARPINTEIRO/A, CELADOR/A, COCIÑEIRO/A, COSTUREIRO/A, GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, LAVANDEIRO/A, PASADOR/A DE FERRO, PERRUQUEIRO/A, PINCHE E TELEFONISTA.

    As novas listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.

    CCOO tiña solicitado ao SERGAS a actualización das listas de vinculacións temporais por considerar que os datos indicaban a melloría da alerta sanitaria, pasando a un escenario de Nivel 2 tal e como foi comunicado polo presidente da Xunta de Galicia, e que era o momento do levantamento da suspensión das actualización das listas.

    FACEBOOK

    TWITTER