Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CCOO solicítalle ao Sergas a protección axeitada do persoal da atención primaria

  • O sindicato alerta de que o persoal está en «máximo risco de contaxio» por non usar EPI adecuados e critica a disparidade de criterios entre áreas sanitarias

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas que regule instrucións para minimizar os riscos de contaxio biolóxico na atención primaria. O sindicato lembra que a atención primaria é «a primeira porta de acceso» ao sistema sanitario e os profesionais que alí traballan deben levar os equipos de protección individual (EPI) axeitados. A realidade, porén, é que a protección de que dispoñen non é a adecuada para desenvolver o seu cometido.

21/04/2020.
CCOO reprocha a falta de criterios claros tamén nos traslados sanitarios

CCOO reprocha a falta de criterios claros tamén nos traslados sanitarios

CCOO-Sanidade denuncia que o Sergas obriga o persoal que acode ao domicilio de persoas que deron positivos en coronavirus —ou que se sospeita que o poden ser— nos seus vehículos particulares, cunha máscara cirúrxica que non serve para a súa protección —non é unha barreira para o contaxio— e cunha bata que non cobre totalmente a súa roupa.

Tras realizar o seu traballo, este persoal debe regresar no seu vehículo, sen dispoñer dun lugar para mudar a roupa —que pode estar contaminada—, e sen lles garantir a desinfección do seu vehículo —que en moitos casos é compartido con outras persoas do seu círculo.

Protocolo de traslados en ambulancia

CCOO tamén denuncia a «ineficacia» do protocolo de traslados en ambulancia cos casos sospeitosos de COVID-19 desde o medio rural ata o hospital de referencia. A maioría destes traslados fainos persoal dos puntos de atención continuada (PAC), polo que deixan o seu posto baleiro e sen atención para o resto de doentes que poidan necesitar atención urxente.

Ademais, o traslado realízase nun habitáculo reducido, sen posibilidade de respectar unha distancia de seguridade co doente. Nas cabinas adoita haber tres asentos: dous no lateral esquerdo do doente, cunha distancia da padiola de menos dun metro, e outro detrás da cabeceira do doente. Engadido a esta disposición, se durante o transporte se lle debe administrar osíxeno á persoa trasladada, «descoñecemos cal é o dispositivo máis axeitado para este labor sen que supoña un risco adicional para os profesionais».

Desde CCOO insisten en que cando se realizan técnicas extrahospitalarias de calquera tipo, «onde non controlamos o escenario de actuación, necesitamos un alto nivel de seguridade para desenvolver o noso traballo e unha axeitada protección que garanta a saúde do persoal».

Disparidade entre áreas sanitarias

Por último, cando o persoal chega ao hospital, a ambulancia débese descontaminar, actividade que «semella facerse en cada área sanitaria de xeito diferente», obrigando nalgunha delas aos profesionais a agardar pola dita descontaminación, polo que o centro de saúde ou pac queda sen o persoal médico ou de enfermaría desprazado durante o tempo de descontaminación. Tampouco hai unha instrución que aclare onde deben retirar os profesionais os seus EPI, faise de xeito diferente en cada área sanitaria.

FACEBOOK

TWITTER