Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CORONAVIRUS: PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE

    CCOO quere lembrar ao persoal sanitario e non sanitario que, en función das súas características persoais ou estado biolóxico coñecido, debido a patoloxías previas, trastornos inmunitarios ou embarazo é considerado especialmente sensible, que debe evitarse a exposición destas/os profesionais, por ser considerados especialmente sensibles a este risco.

    20/03/2020.

    Deberá realizarse á correspondente adaptación de posto destas/os profesionais conforme ao indicado na Orde do 16 de setembro de 2008 pola que se establece o procedemento para a adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de saúde e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde. En ningún caso realizarán procedementos que xeren aerosois a pacientes con Infección Respiratoria Aguda (como a intubación traqueal, o lavado bronco-alveolar ou a ventilación manual), nin formarán parte dos equipos para a toma de mostras nin atenderán a casos probables ou confirmados.

    O resto de situacións deben avaliarse especificamente pola Unidade de Prevención de Riscos Laborais.

    CCOO solicita ao SERGAS que nos casos que este persoal non poda reubicarse de xeito seguro, se lles poña en situación de IT como accidente laboral para protexer a súa saúde.

    FACEBOOK

    TWITTER