Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

CCOO GAÑA NO TSXG UNHA DEMANDA CONTRA O ACORDO DE CARREIRA QUE VAI PERMITIR COBRALA A TODO O PERSOAL DO SERGAS QUE CUMPRA CO REQUISITO DO TEMPO TRABALLADO

    12/12/2019.
    CARREIRA PROFESIONAL PARA TODO O PERSONAL!

    CARREIRA PROFESIONAL PARA TODO O PERSONAL!

    O TSXG ven de fallar sobre a demanda interposta por CCOO, cunha sentenza que establece que o SERGAS debe de incluir no ámbito de aplicación a todo o persoal vinculado ao SERGAS que cumpra os requisitos de permanencia e servizos prestados, con independencia da natureza ou duración do seu vínculo.

    O alto tribunal corrixe a discriminación pactada entre o SERGAS e os sindicatos, CIG, UGT, CSIF, SATSE e CESM, que deixaron fora a máis da metade dos traballadores e traballadoras.

    CCOO xa advertira durante a negociación que ese pacto ía en contra de todas as sentenzas que sairán, e aínda así houbo sindicatos que avalaron as políticas restrictivas do SERGAS coa súa sinatura

    A sentenza recolle os seguintes extremos solicitados por CCOO na súa demanda:

    - Anulación do grao inicial sen retribución económica.

    - Anulación da restricción de participación exclusiva do persoal fixo no réxime transitorio e excepcional. Así poderá participar todo o persoal que cumpra o requisito de tempo traballado independentemente do seu vínculo.

    - Anulación do requisito de ter obtido a condición de fixo antes do 31-12-2011 para poder participar na convocatoria do ano 2020.

    Esto supón:

    - Todo o persoal do SERGAS (fixo, interino, sustituto, eventual, funcionario, laboral) pode optar a cobrar a carreira profesional sempre que cumpra o requisito de ter o tempo traballado (do mesmo xeito que o persoal fixo).

    - Todo o persoal anterior ten dereito a optar ao réxime transitorio e excepcional (encuadre).

    FACEBOOK

    TWITTER