Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 20 abril 2024.

CCOO-Sanidade critica o mutismo da Xunta ante a venda de Povisa e esixe blindar os dereitos laborais

  • O sindicato lembra que o hospital foi «rescatado» o ano pasado con diñeiro público e que a Consellaría de Sanidade debe dar conta da xestión que fixo

O Consello Nacional da Federación de Sanidade de CCOO de Galicia aprobou unha resolución na que critica o mutismo da Xunta ante a venda do hospital Povisa ao grupo Ribera Salud. Cómpre lembrar que este centro sanitario ten un concerto singular do Sergas, que lle asigna a atención dunha parte da poboación da área sanitaria de Vigo.

16/10/2019.
CCOO lembra que o hospital foi «rescatado» o ano pasado con diñeiro público

CCOO lembra que o hospital foi «rescatado» o ano pasado con diñeiro público

O sindicato lembra que o hospital foi «rescatado» o ano pasado con diñeiro público após o anuncio da súa entrada en preconcurso de acredores, co que a sanidade pública asumiu o gasto farmacéutico ambulatorio da poboación asignada a Povisa. «A Consellaría de Sanidade ten que dar exemplo de transparencia e facer pública a súa xestión dos cartos de todos os galegos e galegas», asegura CCOO.

CCOO-Sanidade afirma que «non é admisible» que tanto o comité como o persoal tivesen coñecemento da operación a través dos medios de comunicación en vez de recibiren a información da propia empresa.

Neste sentido, a Federación de Sanidade esíxelle á Consellaría que «blinde o emprego e os dereitos laborais e económicos» das traballadoras e traballadores de Povisa, e que inste a Ribeira Salud a negociar un novo convenio, pois o actual leva anos caducado.

Por último, dado que o concerto coa Consellaría de Sanidade remata en 2022 e deberá ser renegociado, CCOO pide a participación sindical nas negociacións que se abran e solicita que os grupos con representación no Parlamento de Galicia se pronuncien sobre esta cuestión.

FACEBOOK

TWITTER