Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CCOO-Sanidade recorrerá xudicialmente a «discriminatoria» carreira profesional do SERGAS

  • A Federación de Sanidade de CCOO critica a actitude doutros sindicatos, que decidiron apoiar a proposta da Xunta «en só hora e media e unicamente con promesas de palabra»

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia anunciou hoxe que vai recorrer xudicialmente a «discriminatoria» carreira profesional do SERGAS, que «deixa fóra» dos seus beneficios milleiros de traballadores e traballadoras. Segundo os cálculos do sindicato, verase afectadas unhas 12.000 persoas, isto é, un terzo do persoal sanitario público.

30/07/2018.
No centro, Ángel Cameselle, durante a conferencia de prensa de hoxe

No centro, Ángel Cameselle, durante a conferencia de prensa de hoxe

Con este recurso, que se presentará nos próximos días, o sindicato non pretende paralizar a carreira profesional, senón que os seus efectos se estendan a todo o persoal da sanidade pública. «Queremos unha carreira profesional para todas e todos», enfatizou Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade.

Segundo o sindicalista, o persoal temporal, o funcionario e o laboral queda fóra desta carreira profesional. No caso dos dous últimos colectivos, se pretenden facer carreira deberán solicitar a condición de persoal estatutario, «o que significa tanto a perda do seu réxime xurídico como das condicións laborais actuais», apunta. Por esta razón, Cameselle agarda que en Galicia aconteza o mesmo ca noutras comunidades autónomas, como Asturias ou Castela e León, onde a Xustiza obrigou a igualar os dereitos do persoal indefinido e interino.

Critica as présas doutros sindicatos

O secretario xeral de CCOO-Sanidade salientou que o Consello Nacional da federación decidiu «por unanimidade» rexeitar a proposta de carreira profesional da Xunta. «Chegamos a esta decisión após un longo debate interno. Non sabemos como outras organizacións puideron tomar a decisión só en hora e media e unicamente cunhas promesas formuladas de palabra que non cadran co que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia», critica Cameselle.

FACEBOOK

TWITTER