Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 16 abril 2024.

Manifestación o 9 de febreiro en defensa da sanidade pública

  • SOS Sanidade Pública rexeita a deterioración da atención primaria e o desmantelamento e peche de servizos nos hospitais públicos.

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convoca manifestación nacional para o vindeiro 9 de febreiro (domingo). A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e percorrerá varias rúas da capital para rexeitar a deterioración da atención primaria e o desmantelamento e peche de servizos nos hospitais públicos.

03/02/2020.
Manifestación o vindeiro 9 de febreiro (domingo) en Santiago de Compostela

Manifestación o vindeiro 9 de febreiro (domingo) en Santiago de Compostela

Para SOS Sanidade Pública, a política sanitaria da Xunta de Galicia caracterízase polos recortes de recursos; o desmantelamento dos hospitais, con maior virulencia no caso dos comarcais; o abandono da atención primaria; a vulneración de dereitos das persoas con problemas de saúde mental; os recortes no desenvolvemento do plan de atención integral á saúde da muller; a ocultación e manipulación das listaxes de espera; a precarización e explotación do persoal e a privatización.

Esta política sanitaria está levando a sanidade pública «a un punto de difícil retorno se non a paramos entre todas e todos», afirma a plataforma.

FACEBOOK

TWITTER