Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CCOO esixe «respecto» para o persoal dos PAC, que decidiu continuar as mobilizacións, e pide «non romper a unidade»

  • O sindicato insiste en que non apoiará ningunha proposta que non reciba o visto e prace do persoal

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe «respecto» para o persoal dos puntos de atención continuada (PAC), que o pasado luns, «en votación libre e secreta», decidiu continuar as mobilizacións. Para Comisións, o colectivo «falou alto e claro», polo que cómpre «manter a loita» e defender os once puntos da plataforma reivindicativa.

25/02/2019.
CCOO lembra que aínda quedan cuestións pendentes de conseguir

CCOO lembra que aínda quedan cuestións pendentes de conseguir

CCOO pide «non romper a unidade», porque aínda «quedan cousas por conseguir», como garantir o cen por cento da atención continuada, unha xornada laboral sen penalización e que distinga entre a ordinaria e a complementaria, así como unha axeitada dotación de persoal.

Por último, Comisións insiste en que non apoiará ningunha proposta que non reciba o visto e prace das traballadoras e dos traballadores dos PAC.

FACEBOOK

TWITTER