Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 20 abril 2024.

O BOE publica o VI Convenio da Dependencia

    O Boletín Oficial do Estado publica o día 18 de maio de 2012, o VI Convenio da Dependencia, asinado despois de meses de negociación, o pasado 16 de marzo, por CCOO, UGT e a patronal. O novo texto recolle a creación dun grupo de traballo que acorde unha nova clasificación e as funcións de cada categoría profesional, incrementa ata o 60% a porcentaxe de fixeza que deben ter as novas empresas durante o seu primeiro ano, recolle incrementos retributivos do 0,3% por ano, garante maior presenza sindical na empresa, e asegúrase a ultractividad do convenio e a súa revalorización económica, entre outras medidas

    21/05/2012.
    Portada VI Convenio dependencia

    Portada VI Convenio dependencia

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO(FSS-CCOO) destaca entre as principais novidades e logros alcanzados durante a negociación do VI Convenio, os seguintes:

    · Se modifican de xeito importante os artigos do primeiro capítulo sobre ordenamento da negociación    colectiva, a concorrencia e a complementariedade do convenio.

    · Se elimina o concepto de 'dereito necesario absoluto''; o contido do convenio estatal é de 'dereito mínimo necesario''.

    · Se establece unha Disposición Transitoria para a creación dun grupo de traballo, en 15 días dende a sinatura, para que nun prazo de 3 meses acorde unha nova clasificación e as funcións de cada categoría
    profesional.

    · Se dá cumprimento, en toda a súa extensión ao acordo de abril de 2011.

    · Se asegura a ultractividad do convenio e a súa revalorización económica.

    · Se incrementa ata o 60% a porcentaxe de fixeza que deben ter as novas empresas durante o seu primeiro ano.

    · Los días de libre disposición consolídanse, as últimas sentenzas xudiciais cuestionábanos como tempo efectivo de traballo.

    · Logramos incrementos retributivos do 0,3% para cada un dos anos de vixencia do convenio, moderados, pero no marco do recollido no II Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva (AENC), subscrito polos interlocutores sociais.

    · Se modifica o computo da xornada anual, pasando de trimestral a semestral

    · Se recoñece que a distribución irregular da xornada pode chegar ata o 10%.

    · En vacacións, adecúase o texto ás sentenzas sobre situacións de incapacidade temporal e á reforma.

    · Se outorga á Comisión Paritaria verdadeiras funcións para que asuma a xestión e a dirección do convenio durante a súa vixencia,intervindo, previamente, sobre materias que se viron seriamente
    afectadas na Reforma Laboral.

    · Con respecto á ultractividad económica, o IPC do ano anterior, e os días de libre disposición, 2 dos 4, operarán cando o PIB da economía española creza por enriba do 2%.

    · Se flexibiliza a posibilidade do desfrute dos permisos retribuídos, segundo interpretacións da Paritaria do anterior convenio.

    · Se adapta o convenio ao novo Acordo sobre Solución Autónoma de Conflitos Laborais (ASAC).

    · Ao longo de todo o convenio introdúcese que as modificacións que se leven a cabo deberán ser negociadas coa representación unitaria ou sindical, dando así un paso importante, aínda pequeno, a unha maior presenza do sindicato na empresa.

    · Ao longo do texto corrixíronse todos os defectos de redacción en canto ao xénero.

    Neste mesmo sentido, as organizacións asinantes do VI Convenio da Dependencia, tanto sindicais (FSS e AADD de CCOO e FSP-UGT) como empresariais (FED, LARES e AESTE) se uniron para esixir ás Administracións Públicas un Plan que faga efectiva a aplicación da Lei de Dependencia e garanta o dereito da cidadanía considerado na devandita norma. "Non imos escatimar esforzos e imos falar, un a un, con todos os políticos, para que se garanta o que hoxe é xa un dereito," asegurou o secretario xeral da FSS-CCOO, Antonio Cabrera.


    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER