Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 25 abril 2024.

As organizacións sindicais e empresariais firman o VI Convenio da Dependencia tras unha ardua negociación

    20/03/2012. Despois de meses de negociación, o pasado venres, 16 de marzo de 2012, CCOO, UGT e a patronal asinaron o VI Convenio da Dependencia. O novo texto recolle a creación dun grupo de traballo que acorde unha nova clasificación e as funcións de cada categoría profesional; incrementa ata o 60% a porcentaxe de fixeza que deben ter as novas empresas durante o seu primeiro ano; recolle incrementos retributivos do 0,3% por ano; garante maior presenza sindical na empresa, e asegúrase a ultractividad do convenio e a súa revalorización económica, entre outras medidas

    22/03/2012.

    As Federacións de Sanidade e de Actividades Diversas de CCOO(FSS-CCOO e AADD-CCOO) mantiveron a negociación para alcanzar este Convenio ata que a actitude intransixente da patronal de centrar todas as súas reivindicacións na conxelación salarial, perda de dereitos e unha maior flexibilidade para o empresario á hora de organizar o traballo, conduciu á ruptura.

    Ante esta situación, dende CCOO promoveuse un proceso de información e mobilización polas comunidades, que coincidiu no tempo coa Reforma Laboral imposta polo Goberno do PP. O 2 de marzo, CCOO solicitou ante o Servizo interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) a mediación, que culminou nun preacordo, que intentaba protexer os dereitos das traballadoras e traballadores deste sector neste difícil escenario.
    Finalmente, CCOO celebra que, o pasado16 de marzo, se asinase por fin o VI Convenio da Dependencia.

    As principais novidades do VI Convenio con respecto ao anterior son as seguintes:

    · Se modifican de xeito importante os artigos do primeiro capítulo sobre ordenamento da negociación colectiva, a concorrencia e a complementariedade do convenio.

    · Se elimina o concepto de 'dereito necesario absoluto''; o contido do convenio estatal é de'dereito mínimo necesario''.

    · Se establece unha Disposición Transitoria para a creación dun grupo de traballo, en 15 días dende a sinatura, para que nun prazo de 3 meses acorde unha nova clasificación e as funcións de cada categoría
    profesional.

    · Se dá cumprimento, en toda a súa extensión ao acordo de abril de 2011.

    · Se asegura a ultractividad do convenio e a súa revalorización económica.

    · Se incrementa ata o 60% a porcentaxe de fixeza que deben ter as novas empresas durante o seu primeiro ano.

    · Los días de libre disposición consolídanse, as últimas sentenzas xudiciais cuestionábanos como tempo efectivo de traballo.

    · Logramos incrementos retributivos do 0,3% para cada un dos anos de vixencia do convenio, moderados, pero no marco do recollido no II Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva (AENC), subscrito polos interlocutores sociais.

    · Se modifica o computo da xornada anual, pasando de trimestral a semestral

    · Se recoñece que a distribución irregular da xornada pode chegar ata o 10%.

    · En vacacións, adecúase o texto ás sentenzas sobre situacións de incapacidade temporal e á reforma.

    · Se outorga á Comisión Paritaria verdadeiras funcións para que asuma a xestión e a dirección do convenio durante a súa vixencia, intervindo, previamente, sobre materias que se viron seriamente
    afectadas na Reforma Laboral.

    · Con respecto á ultractividad económica, o IPC do ano anterior, e os días de libre disposición, 2 dos 4, operarán cando o PIB da economía española creza por enriba do 2%.

    · Se flexibiliza a posibilidade do desfrute dos permisos retribuídos, segundo interpretacións da Paritaria do anterior convenio.

    · Se adapta o convenio ao novo Acordo sobre Solución Autónoma de Conflitos Laborais (ASAC).

    · Ao longo de todo o convenio introdúcese que as modificacións que se leven a cabo deberán ser negociadas coa representación unitaria ou sindical, dando así un paso importante, aínda pequeno, a unha maior presenza do sindicato na empresa.

    · Ao longo do texto corrixíronse todos os defectos de redacción en canto ao xénero.

    O responsable da área de negociación colectiva da Federación de Sanidade
    e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO), Luis Álvarez, subliña que nestes momentos queda o trámite da autorización administrativa e, o máis importante, lograr que o convenio se aplique en
    todos os centros de traballo, á vez que resalta: "nestes tempos, defender os logros conseguidos nos últimos anos significa un avance importante".

    FACEBOOK

    TWITTER