Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CCOO denuncia o recorte que se está a facer nas contratacións por parte da Xerencia da xestion integrada da area sanitaria de ourense

  • Segundo CCOO, o SERGAS está aplicando a política de "contratación cero", producindo incrementos de xornada de ata 200 horas ao mes o que provoca un deterioro do servizo

28/10/2011.
tijeretazo

tijeretazo

  CCOO critica a actuación que está a ter a Xerencia Xeral na Atención Primaria de Ourense, en canto a substitucións. Co seu lema "contratación cero" todas as coberturas de baixas médicas, días sindicais , días de asuntos propios, etc., do persoal sanitario (enfermeiros e médicos) estanse cubrindo cos profesionais fixos ou interinos que incrementan a súa xornada , nalgúns casos ata 200 horas por mes , incumprindo así o decreto que di que non se poden ofertar horas extras mentras haxa demandantes de emprego nas listas de contratación do SERGAS.
Ademais das amortizacións de prazas de enfermería , medicos e PSX: PAC de Ourense , Centro saúde Ribadavia etc..

O colmo de "aforro" de contratación prodúcese cando as vacacións do persoal de sevizos xerais (PSX), son cubertas con contratacións a media xornada, deixando o centro de saúde sen atender durante media mañá. ¿Esta é a calidade asistencial que nos veu a vender a xerente do SERGAS cando presentou a xerencia integrada?, ¿esta vai a ser a política de contratación da Xerente xeral?

No CHUO nos ultimos meses, a raiz do peche do hospital de Piñor, e á espera de que o hospital de Toén se traslade, estánse a amortizar prazas de DUEs, auxiliares , pinches de cociña, celadores, mantemento...etc

Por outra banda CCOO quere apelar á responsabilidade dos profesionais fixos ou interinos para que non entren no xogo da Xerencia e non acepten prolongación de xornada nin intersubstitucións, que deterioran o servizo. CCOO considera que nestes momentos de precariedade no emprego a solidadaridade faise máis necesaria ca nunca.




FACEBOOK

TWITTER