Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 23 abril 2024.

A Federación de Sanidade de CC OO asegura que a maioría do persoal de enfermaría non apoia a reforma da lei do aborto

  • O sindicato pide secundar a manifestación do vindeiro día 9 para defender os dereitos das mulleres

04/03/2014.

A Federación de Sanidade de CC OO de Galicia sinala que a maioría do persoal de enfermaría rexeita a reforma da lei do aborto que impulsa o ministro Gallardón. Por esta razón, o sindicato desaproba as declaracións de apoio pronunciadas por Máximo González Jurado, presidente do Consello Xeral da Enfermaría (CGE), que integra os colexios profesionais desta rama que existen en España.

CC OO lembra que a enfermaría é unha profesión altamente feminizada ?ao redor do 85 % son mulleres? e sinala que a postura do presidente do CGE non recolle o sentir maioritario das persoas asociadas, «como demostra a postura pública de varios colexios de enfermaría» que forman parte do CGE.

Para a Federación de Sanidade de CC OO, Máximo González Jurado non debería utilizar o organismo que preside para «avalar constantemente as decisións do PP», polo que lle recomenda «preguntarlles directamente ás persoas asociadas cal é a súa opinión ao respecto».

O sindicato considera que a reforma da lei do aborto sitúa o colectivo de profesionais da saúde nunha «perigosa inseguridade xurídica» e, por riba de todo, «pon en risco a saúde física, psicolóxica e social das mulleres».

Manifestación o día 9

Por todo isto, a Federación de Sanidade de CC OO de Galicia fai un chamamento público á cidadanía para que se sume á manifestación que terá lugar o próximo domingo, día 9, en Santiago de Compostela. A saída será ás 12 h desde a estación do tren.

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER