Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

Este mes convocarase a OPE «excepcional» na sanidade proposta por CCOO

  • Malia oporse desde mediados do 2016 ás reivindicacións de CCOO, a Administración acabou convocando a maior oferta pública de emprego dos últimos cinco anos

O mércores, día 15, tivo lugar unha reunión para tratar co Sergas o plan de estabilidade no emprego. Na xuntanza, a Administración autonómica anunciou a convocatoria, para este mesmo mes de novembro, dunha oferta pública de emprego (OPE) de 2157 prazas no 2017. Trátase dun considerable incremento respecto das 1616 inicialmente previstas, xa que suman as 541 do ano 2016 que estaban pendentes de convocar.

17/11/2017.
CCOO leva desde mediados do 2016 defendendo esta OPE

CCOO leva desde mediados do 2016 defendendo esta OPE

CCOO acolle moi positivamente esta oferta pública de emprego, pois responde ás esixencias dunha OPE «excepcional» que o sindicato viña facendo desde maio do 2016, á que se opuxo reiteradamente a Administración autonómica, ao que tempo que contou coas suspicacias doutras organizacións sindicais. O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, enfatiza que «o tempo pón a cada un no seu sitio» e lembra que só este ano vai haber unha convocatoria de prazas «moi superior ás cinco últimas xuntas».

Máis de cinco mil prazas ata o 2020

Estas 2151 prazas forman parte das máis de 5000 que se anunciaron após o acordo do pasado outubro, asinado por CCOO, CSI-F e a UGT, que significaba a transposición a Galicia do pacto rubricado no ámbito estatal polas mesmas organizacións xa no mes de marzo. Estas prazas hanse ofertar entre 2017 e 2020.

Canto á OPE do 2017, as prazas concentraranse nas categorías de medicina familiar, enfermaría xeral e especialistas, técnicos en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE), celador ou celadora, persoal de servizos xerais (PSX), enxeñeira ou enxeñeiro técnico, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e técnicas ou técnicos de documentación sanitaria.

Características

A totalidade das prazas ofertarase previamente nun concurso de traslados. Ademais, o 50 % das prazas de cada categoría reservarase para a promoción interna; as que non se cubran sumaranse ás de acceso libre. CCOO pediu saber a distribución total de prazas por categoría e agarda coñecela na xuntanza da mesa sectorial do próximo martes, día 21.

Por último, CCOO non comparte o criterio de non convocar no 2017 certas categorías. Por isto, o sindicato esixiu que se recollera na acta desta última reunión o compromiso de que na OPE do 2018 se convoquen expresamente as categorías que non recolle a convocatoria deste ano.

FACEBOOK

TWITTER