Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 25 abril 2024.

CCOO-Sanidade desmente as «maliciosas» afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público

  • O secretario xeral desta federación, Ángel Cameselle, defende un acordo que permitirá reducir de xeito notable a interinidade, cuantificada no 22 % polo Ministerio

​A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia desmente as afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público. O seu secretario xeral, Ángel Cameselle, asegura que «é falso e malicioso» ligar este «importantísimo acordo» coa suba salarial de só o 1 % que impuxo o Goberno central. «Nós rexeitamos esa pírrica suba e esiximos un 3 %, pero esta cuestión nada ten a ver co acordo», reitera o sindicalista.

03/04/2017.
CCOO esixe a recuperación de todos os dereitos arrebatados

CCOO esixe a recuperación de todos os dereitos arrebatados

CCOO leva reclamando desde xuño do ano pasado a convocatoria dunha oferta pública de emprego (OPE) «excepcional» para reducir a precariedade e a taxa de interinidadade no sector público, así como a recuperación «de todos os dereitos perdidos» ?incluídos os salariais? nos últimos anos por mor dos recortes.

No caso da sanidade galega, CCOO segue a demandar a recuperación do emprego perdido, fundamentalmente pola non cobertura das xubilacións ?debido á taxa de reposición de efectivos?. Precisamente, o SERGAS, co acordo asinado en Galicia con CESM-Omega, SATSE e CSIF, «non camiña na dirección de estabilizar e consolidar o emprego», di Cameselle, «de aí que nós non asinásemos ese pacto».

O secretario xeral de CCOO-Sanidade afea as declaracións dos reponsables da CIG, pois «saben perfectamente» cal é a posición de Comisións canto á revalorización dos salarios e a recuperación dos dereitos. «Todos os sindicatos, agás CESM-Omega, formamos parte da plataforma sindical que ten como obxectivo recuperar a carreira profesional e outros dereitos», lembra Cameselle.

Por último, o sindicalista coida que o obxectivo da CIG é «dinamitar» un acordo que convoca unha OPE pola que esa organización «nunca apostou», malia que reducirá de xeito substancial unha interinidade que o propio Ministerio de Sanidade cuantifica no 22 %.

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER