Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 19 abril 2024.

CCOO rexeita o plan de estabilidade de emprego proposto polo SERGAS

    15/01/2017.

    CCOO rexeita o borrador presentado por parte do SERGAS aos sindicatos do mal chamado "plan de estabilización", xa que na Mesa Sectorial en ningún momento se deu resposta aos interrogantes plantexados  por CCOO e os demais sindicatos.
    - NON cuantificaron o número total de prazas INTERINAS, SERVIZOS DETERMINADOS e outras PRAZAS ESTRUCTURAIS cubertas de xeito irregular dende hai anos.
    - CCOO defende unha OPE EXCEPCIONAL con tódalas prazas estructurais, incluíndo as amortizadas dende 2010, e que sexa aberta para todos os que queran opositar .
     - CCOO defende o estricto cumprimento da Lei, o dereito a estabilizar tódolos contratos irregulares e o dereito a indemnización dos interinos e contratados en fraude de Lei.
    - CCOO lamenta que teñamos que enterarnos polos medios de comunicación das "ofertas definitivas" do SERGAS. A CCOO non nos parece de recibo dar por consumada a postura do SERGAS, cando di que están dispostos a negociar.

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER